+034 986 09 02 04 Martes 19 de Xaneiro de 2021

O CONCELLO INFORMA DA CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA ADMINISTRATIVO, E APROBACIÓN OPE PARA UN POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL E PARA A POLICÍA LOCAL


A concellería de Persoal que dirixe Benito Márquez informa que se vén de publicar no BOPPO (Boletín Oficial da provincia de Pontevedra) a convocatoria de presentación de instancias na categoría de funcionarios interinos administrativos para cubrir prazas de administrativos de administración xeral no grupo C, subgrupo C1.
As e os interesados poderán presentar as súas instancias no prazo de vinte días naturais rematando o prazo o luns 27 de xaneiro do presente ano.
Con esta convocatoria o concello quere dar cobertura á praza vacante do oficial administrativo/a, adscrita ao conservatorio de música municipal Reveriano Soutullo, e confeccionar listas de contratación para a categoría mencionada.
As instancias dirixiránse ao alcalde e as bases íntegras atópanse publicadas no taboleiros de anuncios do concello e na súa páxina web www.ponteareas.gal apartado de oferta de emprego público.
O BOPPO tamén vén de publicar a oferta de emprego público para que o concello de Ponteareas poida convocar con posterioridade un ou unha traballadora social, e 3 prazas da policía local (2 libres e 1 de mobilidade).

Deja un comentario