+034 986 09 02 04 Sábado 15 de Agosto de 2020

O CONCELLO DE ARBO PRESENTA O CARTEL ANUNCIADOR DA FESTA DA LAMPREA


A Festa da Lamprea cumpre este ano a súa edición número 60 e recoñecese un ano máis a antigüidade, a continuidade, o arraigo e a singularidade deste evento, acadado grazas ao traballo dos veciños, restauradores, pescadores e corporacións anteriores encargados de promover esta festa.
• Os días 24, 25 e 26 de abril Arbo acollerá a máis de trinta mil visitantes aos que invitamos a compartir unha das nosas sinais de identidade máis afamadas, a nosa gastronomía.
• A lamprea forma parte da vida arbense desde fai séculos, como mostra, a presenza destacada deste peixe no escudo e na bandeira de Arbo.
Para os arbenses a lamprea, é o máis preciado tesouro, un peixe venerado xa polos romanos, que maridado cos afamados viños das adegas de Arbo, podese desfrutar, nos reputados restaurantes da vila e, por suposto, na Arbomostra, a Feira Agroindustrial e Artesanal da bisbarra do Condado-Paradanta, que suma, este ano, a súa XXIV edición.

O alcalde Horacio Gil, asegura que demáis da gastronomía, durante os días de festa, contaremos con outro elemento indispensable en toda celebración, a música da que gozaremos en variados estilos, desde os últimos éxitos á máis tradicional, que encherá as nosas rúas e unirá aos veciños de Arbo e aos visitantes en moitos e divertidos pasos de baile. O rexedor remata afirmando, que a Lamprea é o sinal de identidade máis querida e por esta razón adicámoslle todos os nosos esforzos para consolidar a Festa da Lamprea como a primeira festa gastronómica de Galicia, a única do mundo na que se pode degustar este manxar posto en valor polas sabias mans dos cociñeiros e cociñeiras de Arbo que con tanta maestría interpretan nas súas diferentes variedades, rechea, seca, afumada, rebozada, asada, guisada con fideos e tirabeques, en empanada… e ata dun xeito propio, a raíña dos nosos fogóns, a recoñecida lamprea ‘á arbense’.

Deja un comentario