+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Xaneiro de 2020

A XUNTA DE GALICIA FINANCIARÁ EN PONTEVEDRA PROGRAMAS SOCIAIS DESENVOLVIDOS POR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO


O Goberno galego inviste un total de 12,9 millóns de euros con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Impostos sobre a Renda das Persoas Físicas
A Consellería de Política Social inviste 12,9 millóns de euros con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) a financiar 367 programas de carácter social que impulsan 97 entidades en toda Galicia. No caso das organizacións con sede na cidade de Pontevedra, son dúas as que se benefician de achegas por un valor de 28.000 euros.

En concreto, as organizacións asentadas no municipio pontevedrés que reciben fondos con cargo a esta orde son: a Asociación Párkinson Pontevedra e a Asociación de Axudas aos toxicómanos Érguete.

A través desta orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF, Política Social axuda ao desenvolvemento de diferentes programas para promover a autonomía persoal, a atención a persoas con discapacidade ou a inclusión sociolaboral das persoas en risco de exclusión, entre outras intervencións.

Ademais, a estas accións hai que engadir as que levan a cabo as distintas federacións e organizacións de ámbito autonómico que teñen implantación en Pontevedra e a súa contorna. Este é o caso, por exemplo, de Federación de Enfermidades Mentais (FEAFES) ou a Acción contra el Hambre, entre outras.

367 proxectos nas catro provincias
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a resolución de axudas con cargo ao IRPF que distribúe a Consellería de Política Social. Con esta orde impulsaranse ao longo deste ano 367 proxectos en 97 entidades de Galicia.

As actuacións que se financian con estas achegas correspóndense ao eido da familia e a infancia, ao ámbito da inclusión social e a loita contra a pobreza; á area de Xuventude e o fomento do voluntariado; e ao eido da asistencia ás persoas maiores ou con discapacidade.

Deja un comentario