+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Xaneiro de 2020

O XOVES REUNESE A NOVA COMISIÓN ESPECIAL DE DESLINDE ENTRE OS CONCELLOS DE PORRIÑO E MOS


Hoxe saiu do Concello a convocatoria, firmada pola alcaldesa Eva García, da nova Comisión Especial de Deslinde entre O Porriño e Mos que vén de constituirse en ambas vilas e que manterá a súa primeira xuntaza o vindeiro xoves 16, ás 18 horas. Unha convocatoria semellante realizouse tamén hoxe polo Concello de Mos.
Reuniránse sobre o terreo, na zona onde deben susbsanarse as discrepancias entre ambos concellos sobre a delimitación que afecta a varias vivendas e terreos. O lugar de encontro será no Cristo de Belén. Trataráse de fixar a liña de deslinde desde o Cristo de Belén a ta a Autovía.
Cada Concello achega representantes dos grupos municipais de cada corporación; o secretario municipal e ademáis veciños da zona en litixio. No que atinxe a Porriño foron nomeados para integrar a Comisión a alcaldesa Eva García, o tenente de alcalde Pedro Pereira (BNG) e os voceiros do PP, Alejandro Lorenzo; Pedro Ocampo (EU Son) e Manuel Carrera (UDDL).

Deja un comentario