+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Xullo de 2020

A NULA XESTIÓN DE ANDRÉS DÍAZ OBRÍGAO A DEIXAR NO CAIXÓN O BORRADOR DUN PXOM SIN CONSENSO E AGOCHADO TRAS DO ESCURANTISMO E A FALLA DE TRANSPARENCIA”


O alcalde socialista paseou polo municipio un borrador de Plan Urbanístico sin ser presentado á oposición nin levado a Pleno

O PPdeG de Ponte Caldelas acusa a Andrés Díaz de ser como “Juan Palomo: Yo me lo guiso, yo me lo como” na tramitación do borrador do PXOM que optou agora por deixar no caixón despois de levantar falsas espectativas entre os veciños e despilfarrar milleiros de euros na redacción dun documento que non foi consensuado coa veciñanza, nin presentado ante os grupos da oposición, nin levado ante o Pleno Municipal, pese ás reiteradas peticións feitas por escrito e por rexistro polo PPdeG.

Andrés Díaz tivo que recoñecer pola vía dos feitos de que ese Plan Xeral, que non contaba co consenso veciñal e dos grupos municipais da Corporación e se agochaba tras do escurantismo e a falla de transparencia, non gozaba dos apoios necesarios para ser levado a cabo e se ve incapaz de xestionar un urbanismo que dea resposta ás necesidades de crecemento ordenado que demanda a veciñanza de Ponte Caldelas.

Segundo Antón Xil, voceiro do PPdeG, “Andrés Díaz adicouse durante anos a criticar duramente a Perfecto Rodríguez, por retira-lo PXOM, precisou de 5 años e gastar milleiros de euros dos veciños para chegar á conclusión de que o seu antecesor tiña razón naquel momento e que era o máis convinte para o interese xeral”.

O problema co que se vai a atopar agora Andrés Díaz é como lle vai a explicar esta retirada a aquelas persoas coas que se comprometeu a resolverlle cuestións individuais a través dun PXOM que agora desiste de xestionar ante a administración autonómica e dar resposta aos problemas e demandas de natureza urbanística existentes no municipio.

INEXISTENCIA DUN CONSENSO VECIÑAL NIN DOS GRUPOS MUNICIPAIS CO PLAN XERAL “NON NATO” DE ANDRÉS DÍAZ
O Grupo Municipal do PPdeG levaba desde o mes de outubro denunciando o oscurantismo e a falla de consenso sobre un documento destas características que debe garantir unha mínima transparencia democrática e un amplio coñecemento por parte dos veciños e dos grupos municipais que os representan. Fronte a esto, o alcalde negouse reiteradamente a faciltar esa información solicitada por escrito e nos plenos municipais alegando que era un borrador e que sería sometido á aprobación da Corporación cando fora preciso.

Con esta “espantada” confírmase que Andrés Díaz carece dun proxecto para Ponte Caldelas, que non é quen de presentar unha alternativa ante as necesidades dos veciños e veciñas e que fora de organizar festas, paparotas e excursións non é quen de sacar adiante por si mesmo ou froito da súa xestión ante outras administracións proxectos de envergadura e de futuro para o noso municipio.

O Grupo Municipal do PPdeG esixiralle no vindeiro Pleno explicacións e responsabilidades por unha nula xestión e un modelo de funcionamento municipal autoritario e antidemocrático que pretende funcionar ao marxe dos órganos de representación da cidadanía como é a Corporación Municipal e as distintas comisións informativas e de control municipal. “Así explícase porque eliminou, nada máis chegar, a Comisión de Urbanismo que se creara co Tripartito e que segundo dixo era unha mostra palpable da transparencia e o bo goberno. Pois a súa primeira decisión como alcalde con maioría absoluta foi eliminar dun plumazo e pasando o rodillo da súa maioría unha comisión onde se tería que dar a coñecer o borrador dese PXOM non nato”.

Deja un comentario