+034 986 09 02 04 Sábado 19 de Setembro de 2020

CONVOCANSE COMISIÓNS MUNICIPAIS PARA O VINDEIRO MÉRCORES 22


Diversas Comisións Municipais informarán os asuntos que se levarán o vindeiro pleno da Corporación Local de O Porriño. As Comisións convocaránse para o vindeiro mércores 22, en horario de tarde.
Ás 17 horas celebraráse Comisión Especial de Contas para dictaminar as alegacións presentadas contra a Conta Xeral de 2019. A continuación terá lugar Comisión Municipal de Cultura que tratará a moción que presenta o PP para amplar os horarios de funcionamento da Biblioteca Municipal, e outra moción de EU Son para regulación do uso da pirotecnia no concello.
Despois seguirá Comisión de Urbanismo que tratará diversos asuntos propostos para o pleno polo concelleiro de Infraestructuras Pedro Pereira. Entre eles figura a cesión dunha parcela no Polígono das Gándaras á asociación “Aceesca” para a construcción do centro de formación dual. O terreo está a continuación do Parque de Bombeiros.
Por último, está convocada a partir das 18 horas, Comisión Municipal de Economía que tomará coñecemento do recurso de “Urbaser” contra a adxudicación do contrato de limpeza viaria e unha moción de “EU Son” para establecer unha regulación dos contratos menores.

Deja un comentario