+034 986 09 02 04 Sábado 19 de Setembro de 2020

A REUNIÓN SUSPENDIDA DA COMISIÓN DE DESLINDE CON MOS CELEBRARÁSE O XOVES 6 DE FEBREIRO


Este mediodía os Concellos de O Porriño e Mos acordaron datar de novo para o xoves 6 de fevreiro, ás 16,30 horas, a reunión da Comisión Especial de Deslinde, suspendida onte polo temporal.
A nova convocatoria realizase no mesmo punto de encontro, no Cristo de Belén, para que os representantes municipais e veciñais de Porriño e Mos percorran a zona de litixio.
Con carácter previo, os grupos municipais da Corporación Local de O Porriño manterán o vindeiro mércores 22 unha reunión preparatoria para unificar criterios e fixar unha posición común.
Cada Concello achega representantes dos grupos municipais de cada corporación; o secretario municipal e ademáis veciños da zona en litixio. No que atinxe a Porriño foron nomeados para integrar a Comisión a alcaldesa Eva García, o tenente de alcalde Pedro Pereira (BNG) e os voceiros do PP, Alejandro Lorenzo; Pedro Ocampo (EU Son) e Manuel Carrera (UDDL).

Deja un comentario