+034 986 09 02 04 Sábado 29 de Febreiro de 2020

FITUR acolle a presentación da LX Festa da Lamprea de Arbo


No Pavillón nº 9 de FITUR na CASETA de Turgalicia, Horacio Gil presentaba hoxe a LX Festa da Lamprea

O alcalde do concello de Arbo Horacio Gil, no seu discurso facía mención a que segundo un estudo recente que a gastronomía típica dun destino será o principal reclamo para máis dun 60% dos viaxeiros neste 2019. E en Arbo, tomámolo ao pé da letra. Desde aquel 1961, Arbo celebrou ininterrompidamente 60 edicións da que é a nosa festa máis importante, e tamén das máis antigas de España.
O rexedor animaba a todos os presente que os días 24, 25 e 26 de abril acudisen á Festa da Lamprea, unha oportunidade única para descubrir en todo o seu esplendor a lamprea, Arbo, os seus costumes e as súas xentes. Os seus cociñeiros e cociñeiras son creadores da receita que pasou de xeración en xeración ao longo da historia. Se queren gozar durante todo o ano da nosa lamprea, non se preocupen, porque en Arbo poden facelo. A partir da lamprea seca ofrecemos outras elaboracións. Por exemplo, rechea, guisada con fideos e tirabequees, frita, asada á brasa, en empanada…
O alcalde informa que un ano máis a festa da Lamprea tendra un cartel de luxo, e do mesmo xeito que todos os anos incorporarase algunha novidade.

Un ano máis o Concello de Arbo, presenta o seu tan afamada festa da Lamprea en Madrid, onde ademáis da presentación da Lamprea, tamén participaba o Xeodestino Condado – Paradanta.

Deja un comentario