+034 986 09 02 04 Sábado 29 de Febreiro de 2020

A Concellería de Festexos prepara unha ordenanza para limitar a pirotecnia en Ban benito e no Cristo


Trasladarase ó pleno solicitar un informa a “Lagares y Oca” ante a situación creada co contrato de limpeza viaria

O Concello de O Porriño vai empregar pirotecnia sen ruido nas dúas festas principais da vila (San Benito e O Cristo) para eliminar a contaminación acústica. A Concellería de Festexos está a preparar unha ordenanza que asimesmo recomende ás asociacións de veciños e comisión organizadoras das demais festas que se celebran no termo municipal para que limiten o uso de fogos artificiais e demais artefactos priotécnicos.
Cami Moreira, concelleira responsable de Festexos informou de este asunto na Comisión de Cultura celebrada onte a raíz da moción que vai presentar no vindeiro pleno o grupo municipal de “EU Son”.
Tamén na mesma Comisión Municipal, Cami Moreira respostou ó PP a propósito da moción que presentará este grupo para amplar o horario de apertura da Biblioteca Municipal a sábados e domingos. A concelleira explicou que caso de acordarse requeriría a contratación de persoal xa que o actual cumpre co horario laboral normativo.
Tamén deberá valorarse pola Corporación a posibilidade de contratar persoal para o Albergue de Peregrinos á vista das condicións de novo convenio que propón a SA de Xestión do Xacobeo ao Concello..
Contrato de limpeza viaria
Por outra banda o goberno municipal de O Porriño proporá no vindeiro pleno que a corporación acorde solicitar un informe á firma “Lagares y Oca” para que asesore ó Concello ante a situación creada co contrato de limpeza viaria.
“Lagares y Oca” e a mesma consultora que fixera o prego de licitación. A consulta propuxose onte na Comisión Municipal de Economía á vista das novidades xurídicas do caso. A actual concesionaria, a firma “Ascan” ven de notificar ó Concello que presentou recurso contra a decisión da Mesa de Contratación que decidiu a súa exclusión en cumprimento da resolución adoptada polo Tribunal de Contratos Públicos de Galicia (TACGAL). Asimesmo “Ascan” informou ó Concello que tamén presentou recurso contencioso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). En ambos recursos plantexa que todas as empresas que licitaron tamén incumplirían o prego segundo a interpretación que fixo o TACGAL.

Outras Comisións
A Comisión de Asuntos Sociais coñeceu as mocións que os grupos municipais de EU Son e BNG presentarán no pleno en defensa da sanidade pública. Ambas formacións políticas levarán a proposta de que o Concello de O Porriño apoie a manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o 9 de febrero.
Tamén houbo Comisión de Urbanismo que , entre outros asuntos, confirmou que levará ó pleno municipal do 29, a cesión dunha parcela de 8.000 mettros cadrados no Polígono das Gándaras á asociación “Aceesca” para a construcción do centro de formación dual. O terreo está a continuación do Parque de Bombeiros.

Deja un comentario