+034 986 09 02 04 Sábado 29 de Febreiro de 2020

As federacións veciños coñecen 
 o anteproxecto de orzamentos 2020


O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González mantivo esta mañá unha reunión con representantes das tres federacións de veciños (Castelao, Teucro e Boa Vila) para presentarlles o anteproxecto de orzamentos de 2020. Nun encontro cordial e distendido, explicoulles as diferentes partidas e os gastos e investimentos que van destinados tanto á cidade como o ámbito rural. Ademais, tamén deu conta doutros investimentos non contemplados nos orzamentos pero que se materializarán ao longo do presente ano. Ao respecto das demandas particulares presentadas polos veciños, acordouse canalizalas a través dos distintos concelleiros e concelleiras responsables do Goberno, para que as contemplen dentro das partidas de execución.

Deja un comentario