+034 986 09 02 04 Luns 24 de Febreiro de 2020

A secretaria xeral da Igualdade reúnese con representantes da asociación AYUVI


 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha reunión coa presidenta da asociación AYUVI, Adoración Palacián, e Elena Burbano, unha das traballadoras sociais, para abordar os resultados do traballo que a organización levou a cabo a través da orde de axudas da Xunta a entidades sen ánimo de lucro.

O Goberno galego apoia mediante estas axudas -cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE)- programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. A convocatoria de 2019 contou cun orzamento de 1,3 millóns de euros e chegou a un total de 69 asociacións da comunidade. A asociación AYUVI recibiu, ao abeiro destas subvencións, 24.400 euros na orde do ano pasado e un total de 145.000 euros no período 2009-2019.

Deja un comentario