+034 986 09 02 04 Mércores 02 de Decembro de 2020

Sanxenxo pecha 2019 con 17.538 habitantes, 191 persoas máis que en 2018


Sanxenxo pechou o ano 2019 cun total de 17.538 persoas censadas, o que supón un incremento de 191 persoas máis que en 2018, achegándose así ao seu máximo histórico do ano 2012, que alcanzou os 17.604 habitantes.

Nos últimos anos, o municipio viviu un descenso na poboación, tendo un crecemento negativo desde o ano 2013 (17.582), producíndose unha baixada, chegando no ano 2015 ás 17.391 persoas, en 2016 a 17.314 e en 2017 a 17.212. Retómase a subida no 2018, con 17.347 censados.

Do total de persoas censadas en Sanxenxo, 8.666 son homes e 8.872 son mulleres. De menores de 18 anos atopámonos con 2.632 mozos e de máis de 65 anos a 4.117 persoas.

En España, máis da metade do concellos, o 53,1%, perderon poboación en 2018 e 2019 segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística do padrón municipal. Sanxenxo, está dentro do 46,9€ restante, dos municipios nos que aumentou o padrón.

Deja un comentario