+034 986 09 02 04 Mércores 02 de Decembro de 2020

O alcalde reúnese con AEMPE co obxectivo de promocionar o parque empresarial


O Alcalde, Telmo Martín, mantivo unha reunión coa Asociación de Empresarios de Pontevedra, (AEMPE), co obxectivo de establecer un convenio de colaboración entre esta asociación e o Concello.

O fin deste convenio de colaboración é a promoción do chan do parque empresarial de Nantes. Pola súa banda a administración local facilitaralle a AEMPE todos os datos e información relativa a este chan empresarial e AEMPE fará chegar esta información a todo o seu armazón empresarial.

Na Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra atópanse representadas todas as actividades comerciais das empresas, industrias e comercio do Municipio e a súa contorna, realizando toda unha serie de actividades cos diferentes organismos e entidades nas que sempre está presente e representada a Asociación polos membros da Xunta Directiva.

Deja un comentario