+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra entrega os Premios Provincias de Investigación e á Cultura 2014


O salón de plenos do Pazo provincial acolleu o acto de entrega dos Premios Provincias á Cultura e dos Premios Provinciais de Investigación cos que se quere premiar a creatividade e a investigación na provincia como alicientes para fomentar a cultura, a innovación e o desenvolvemento científico.
Premios á Investigación
No caso dos Premios á Investigación 2014, orientados a promover a xeración de coñecemento científico na provincia, os galardoados foron:
• Martín Barreiro Cruz, Premio á Tese de Doutoramento en Humanidades e Ciencias Socias (premio ex aequo) polo seu traballo Configuracións da cidade difusa en Galicia. O caso do Morrazo, dos anos 50 ás prospectivas actuais.
• Brais Currás Refojos, Premio á Tese de Doutoramento en Humanidades e Ciencias Socias (premio ex aequo) polo seu traballo Transformaciones sociales y territoriales en el Baixo Miño entre la Edad del Hierro y la integración en el Imperio Romano.
• Lara Villarino Palmaz, Premio á Tese de Doutoramento en Ciencias e Tecnoloxía (premio ex aequo) polo seu traballo Novas reaccións de adición e cicloadición catalizadas por paladio.
• Anxo Mena Rodríguez, Premio á Tese de Doutoramento en Ciencias e Tecnoloxía (premio ex aequo) polo seu traballo Paleoceanografía e evolución paleoclimática da conca interior de Galicia (NW península ibérica) durante os últimos 60 ka.
• Alberta Lorenzo Aspres, Premio á Tese de Doutoramento en Ciencias e Tecnoloxía (premio ex aequo) polo seu traballo Intervencións no patrimonio galego para a industria hostaleira.
• Noelia Estévez Calvar, Premio á Tese de Doutoramento en Ciencias e Tecnoloxía (premio ex aequo) polo seu traballo Estudio de xenes involucrados en procesos de morte celular apoptótica e desenvolvemento larvario en mexillón (Mytilus galloprovincialis). (Recolleu o premio súa nai, Teresa Calvar Martínez, porque a premiada se encontra en Italia.)
• Laura López Drusetta, Premio aos Novos Investigadores en Humanidades e Ciencias Sociais polo seu traballo Diego Hurtado de Mendoza, un seguidor da poesía galaico-portuguesa na Castela do Baixomedievo. Estudio biográfico e literario.
• Alejandro Chamorro Valverde, Andrés Blanco Cartagena e Miguel Planas Oliver, Premio Ciencia e Tecnoloxía polo seu traballo A cría en cautividade da especie protexida do caballiño de mar Hippocampus guttulatus como ferramenta para a conservación da biodiversidade mariña.
• María Penado Abilleira e José Fernando Rodríguez Alonso, Premio Provincia de Pontevedra polo seu traballo Análise da violencia de xénero adolescente na provincia de Pontevedra.
Premios á Cultura
No caso dos Premios Provinciais á Cultura o xurado recoñeceu a título póstumo, a traxectoria artística do pintor Manuel Aramburu, recentemente falecido. Nacido en León en 1936, Aramburu iniciou a súa aprendizaxe na cidade de Pontevedra e está considerado un dos grandes Mestres da pintura actual de Galicia dentro da chamada “xeneración de vangardas e silencios”. Foi o seu amigo Celestino lores quen recolleu no nome da súa familia este premio para o artista que todos coincidiron en cualificar como un exemplo e mestre de moitas xeracións en Pontevedra.
Foi un premio concedido ex aequo no que tamén se recolleceu a traxectoria cultural do Ateneo Santa Cecilia (Marín) pola a actividade que dende 1952 realiza a prol da cultura. O xurado quixo destacar o labor da entidade presidida por Lois González realiza en aras da promoción da música, da cultura tradicional, das belas artes, da recuperación do patrimonio, etc
• Proxecto cultural máis innovador
Como mellor proxecto innovador ou vangardista, os Premios Provinciais á Cultura recoñeceron o espazo cultural aternativo O Halcón milenario de Vigo, que xurdiu da inquedanza dun grupo de amigos artistas (pintores, deseñadores, tatuadores, etc) por amosar as manifestacións culturais non oficiais sen axuda de ninguna institución pública. Recolleu o premio o presidente da asociación Germán González Pintos.
• Premio Diosiño
Mentres, o premio César Dios Diosiño, dotado igual que os anteriores con 6.000 euros, concedido tamén ex aequo, recaeu na Asociación Cultural Danza de Arcos por conservar unha danza ancestral bailada por homes e que fixeron chegar ás xeracións máis novas. Algúns autores sitúana nos S XV- XVI, unha peza única que responde a unha tradición propia de Cobas no concello de Meaño. Carlos Alfonso Piñeiro, presidente da asociación e Ovidio Sanmartín Arosa, director da Danza foron os encargados de recoller o premio.
Dentro desta categoría a Deputación de Pontevedra tamén premiou ao músico e compositor Rogelio Groba pola súa labor musical con máis de 500 obras catalogadas para a banda sinfónica, de cámara, coral, piano, etc. Autor de varios libros e ensaios recibiu diferentes recoñecementos pola súa creación musical (premio Xunta de Galicia da Cultura, Premio da Galega, Medalla Castelao, etc)
• Protección do patrimonio
Finalmente, os concellos de Valga e Vila de Cruces tamén foron premiados, ex aequo, polo labor que desenvolven a prol da recuperación e posta en valor de diversos espazos natural dos seus municipios.
A Deputación puxo de manifesto o traballo realizado polo concello de Valga na recuperación do patrimonio histórico –cultural (Museo da Historia, o camiño portugués, Rota marítimo fluvial, vía romana XIX), etnográfico (festa da anguía e mostra da caña do país, belén artesanal) e natural (ecomuseo, fervenzas de Parafita, Monte Beiro, Praia fluvial de Vilarello) da localidade. Labor non menos descatada á que realiza o concello de Vila de Cruces na recuperación do conxunto do poboado e museo mineiro de Fontao (no sur da localidade onde residían os mineiros que explotaba a mina de volframio). Os alcaldes de ambas localidades, José María Bello Maneiro e Jesús Otero Varela, respectivamente, recolleron os premios.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e o presidente da Deputación, Rafael Louzán pecharon este acto de entrega dos Premios Provinciais á Investigación e á Cultura aos que Roi Casal lles deu sonoridade coa interpretación de “Ninfa das frescas augas”, “A fortuna de poder amar” e “Rosa”.

Deja un comentario