+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

Comeza a dixitalización do arquivo do Grove


Dentro do proxecto “eDepo, a Administración nun click” da Deputación de Pontevedra e mediante o financiamento de fondos europeos comezan os traballos que permitirán contar con unha grande parte dos fondos documentais do Grove en arquivos dixitais, permitindo un acceso máis sinxelo para os cidadáns

Comezaron os traballos de dixitalización do Arquivo Municipal do Grove ubicados na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei. Este procedemento vai parello a outro proxecto, tamén mediante financiamento da Deputación denominado “DepoTIC. A tecnoloxía nas túas mans” que permitirá mellorar os procesos de xestión e catalogación do patrimonio cultural, potenciando a difusión do mesmo. Este plan tradúcese na implantación de novos programas de arquivo que permitirán que o acceso público, a través de internet, resulte máis sinxelo, sen necesidade de facer desprazamentos e creando un conxunto de e-servizos que permiten acceder ó patrimonio documental.
Neste primeira fase está prevista a dixitalización de 849 libros, expedientes ou agrupacións documentais – dos 33.572 que actualmente conserva o arquivo- incluídos nun periodo cronolóxico que vai dende 1833 ata 2013 cunha estimación de máis de cen mil imaxes.

Deja un comentario