+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Cores Tourís visitou Pontecesures para manter un primeiro encontro institucional co novo equipo de goberno da localidade


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra non puido departir coa alcaldesa, Cecilia Tarela, ao atoparse de baixa, pero sí recolleu as demandas do municipio de mans do tenente alcalde, Ángel Souto

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Pontecesures dentro da rolda de visitas institucionais que acaba de iniciar cos concellos que contan, dende o pasado 24 de maio, con novos alcaldes e alcaldesas dentro do ámbito de actuación da Delegación Territorial de Pontevedra.

O delegado territorial está a visitar así, a ritmo de dous concellos por día, as 18 novas corporacións que variaron de rexedor nas últimas eleccións municipais, dentro dos 48 concellos que dependen da Delegación Territorial de Pontevedra. Tal e como asegurou José Manuel Cores Tourís, “quero falar cos rexedores e rexedoras co obxectivo de coñecer cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.

Durante esta visita, José Manuel Cores Tourís non puido manter un encontro coa alcaldesa, Cecilia Tarela, ao atoparse ésta de baixa, pero sí recolleu as inquietudes do equipo de Goberno de mans do tenente alcalde, Ángel Souto .

Entre os temas que se analizaron esta mañá atópanse un proxecto para o saneamento dunha importante parte do concello que vai directamente ao regato Telleiro causando así problemas aos intereses dos valeiros e dos veciños do concello. Segundo apuntaron os responsables municipais, este proxecto xa foi presentado ante Augas de Galicia e suporía a construción de arquetas de decantación cun orzamento que rolda os 22.000 euros. O delegado territorial destacou a colaboración da administración autonómica neste tipo de iniciativas pero recordou que o saneamento é unha competencia municipal.

Neste mesmo senso se postulou ante a solicitude do concello de Pontecesures de colaboración por parte da Xunta para o acondicionamento do polideportivo municipal. Recordou Cores Tourís que estamos a falar dunhas instalacións municipais. “Aínda así poderíase chegar a un acordo entre administracións, contando tamén coa Deputación de Pontevedra, para a mellora desta infraestrutura, tendo en conta que os nenos do colexio do municipio tamén utilizan estas instalacións, aínda que non son os únicos, xa que está aberta a clubes, asociacións e veciños en xeral”.

O delegado territorial da Xunta tamén recordou a alcaldesa a colaboración da administración autonómica nas melloras dos centros educativos deste municipio nos que se investiu máis de 140.000 euros nos últimos anos; a execución dun novo albergue de peregrinos que contou cun orzamento de 420.000 euros; a creación dun punto de venda para a comercialización por parte dos valeiros; a entrega dun vehículo destinado á xestión de emerxencias, así como melloras nos camiños rurais e nas contornas de regatos e infraestruturas rurais.

A Xunta tamén colaborou na mellora da eficiencia enerxética de varias rúas deste concello como a das Mimosas, San Lázaro, San Lois, Sagasta ou Víctor García entre outras, “o que está a supor un aforro para o concello en gasto enerxético de a lo menos 12.500 euros ao ano”. Finalmente, Cores Tourís destacou tamén as melloras no porto de da localidade cun novo pantalán de servizo do clube de remo local ou a prolongación de tres ramplas máis.

Deja un comentario