+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

Salvaterra de Miño pon en funcionamento a Pista de Pádel a partir do mes de febreiro


No mes de febreiro ábrese a nova instalación deportiva incorporada dentro das instalación do Casal, unha PISTA DE PÁDEL que fai máis atractiva se cabe esta zona para a práctica deportiva, onde comparte espazo co campo de fútbol, o de fútbol sala, a pista de petanca e zona de ximnasia.

Esta pista de pádel terá un horario para reservas dende as 10:00 horas ata as 23:00, onde cada grupo poderá reservar a pista durante hora e media. Ademáis a pista conta con servicio de luz.

Tamén cabe destacar que as intalacións contarán cun vestuario habilitado para que as persoas que utilicen a pista poidan ducharse.

O prezo da reserva é de 12€ 1.30 horas, facendo unha reducción do 50% para os veciños e veciñas da Eurocidade(6€). O pagamento farase mediante transferencia bancaria e previamente á utilización da pista.

Para reservar a pista inicialmente farase por ventanilla no Concello, mentres non se remata a páxina web, que será o método utilizado posteriormente.

Dende o Concello anímase a todos e todas a práctica desde deporte divertido e saudable, contando cunha serie de normas e consellos de utilización na propia pista que as farán máis seguras e dinámicas que se enmarcan dentro das políticas de fomento de vida saudable que promove este Concello

Deja un comentario