+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

Adxudicada a dirección de obra do proxecto de remodelación do Paseo Alcalde Blanco


Este trámite supón un novo avance para este gran proxecto, incluído na estratexia #Marín2020, cofinanciada pola Unión Europea a través dos Fondos DUSI, pertencentes aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)-

A estratexia #Marín2020, cofinanciada pola Unión Europea, a través dos Fondos DUSI, pertencentes aos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), continúa avanzando.
A última novidade vén da man do proxecto de renovación do paseo marítimo Alcalde Blanco. A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da dirección facultativa e de obra á empresa Deseños estruturais e viarios SL.
O proxecto de remodelación do paseo é unha das obras máis relevantes do #Marín2020, unha aposta pola integración do casco urbano co mar, que incluirá o remate da punta e a creación dun “espazo agradable, verde, humanizado, con mellor iluminación e con opcións de ocio para todas as idades”, en palabras da alcaldesa, María Ramallo.
Así se recolle tamén na memoria descritiva do proxecto, onde se especifican algúns detalles técnicos deste proxecto integral de remodelación, co que se recuperará un espazo “privilexiado, que nestes momentos está infrautilizado”, exponse na memoria.
A empresa Copcisa será a encargada de realizar a obra, que foi adxudicada por un importe de 1.312.653,45 euros, tal e como xa se informou a finais do pasado ano. Dese importe, o 80% será aportado polos Fondos DUSI e o resto asumirase con cargo aos fondos propios do Concello.

Deja un comentario