+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

Arranca un ano máis o plan de mantemento da Deputación de Pontevedra para os campos de fútbol dos concellos da provincia


 

No que va de xaneiro xa son preto de 40 solicitudes desde os concellos. No 2019 o goberno de Carmela Silva actuou nun total de 91 campos de 41 municipios da provincia

Se as condicións meteorolóxicas son óptimas, as actuacións para a mellora e o acondicionamento dos campos comezarán a partir da vindeira semana

A Deputación de Pontevedra, a través do seu Plan de Mantemento, xa recibiu ata o de agora 36 solicitudes dos concellos para actuar nos campos de fútbol da provincia, tanto de herba sintética como natural. Deste xeito, se as condicións meteorolóxicas son adecuadas, os traballos para a mellora destes espazos comezarán a partir da vindeira semana.

A través desta iniciativa, a institución provincial acondicionou o ano pasado un total de 91 campos de fútbol de 41 concellos da provincia: 59 de herba artificial e 32 de herba natural. Ademais, agora mesmo estanse a acondicionar campos en dous concellos, Vilagarcía e Valga, que o solicitaron en 2019 pero non quixeron realizar as actuacións ata este momento. En concreto, os 41 concellos que solicitaron melloras o ano pasado son: Moaña, Covelo, Ponte Caldelas, Arbo, Moraña, Vila de Cruces, Nigrán, Salvaterra, Oia, Portas, Silleda, Rodeiro, A Cañiza, Bueu, Sanxenxo, Soutomaior, Pazos de Borbén, A Lama, Valga, O Grove, Cambados, Meis, Poio, Tui, Lalín, Gondomar, Vilaboa, Caldas de Reis, Pontecesures, Ponteareas, Agolada, Salceda de Caselas, Vilagarcía, Mondariz, Pontevedra, Tomiño, Baiona, Illa de Arousa, A Estrada, Ribadumia e Vigo.

Este programa ten por obxectivo garantir a recuperación destas instalacións que, en ocasións presentan un estado de conservación defectuoso e co obxectivo de estender a súa vida útil. Para isto, a Deputación pon a disposición dos concellos persoal e maquinaria para poder manter en bo estado estes espazos.

Deja un comentario