+034 986 09 02 04 Venres 21 de Febreiro de 2020

ORZAMENTO XERAL do Concello de Pontevedra Ano 2020


Memoria da Alcaldía

Pontevedra contará en 2020 cos orzamentos municipais máis elevados da súa historia su- perando os 79,3 millóns de euros. Estas Contas municipais son un claro reflexo do bo mo- mento que atravesa a cidade, tal e como recollen os últimos indicadores socioeconómicos coñecidos: poboación, turismo, renda media familiar ou dinamismo económico proxectado na construción, son algúns exemplos.

O concello segue mantendo a súa poboación á alza segundo os derradeiros datos do Padrón municipal. E esta tendencia prodúcese nun marco de recesión demográfica en todo o país, tanto nas cidades como nas vilas, un grave problema que fire seriamente a economía galega actual e futura se non se lle pon freo. Pontevedra, neste espiñoso marco, foi capaz de man- ter unha liña ascendente constante nos últimos 20 anos, sendo a poboación máis nova das cidades galegas.

 

Renda media mensual

 

 

 

 

 

 

A construción

Os últimos datos do Instituto Galego de Estatística tamén revelan un crecemento substan- cial da renda media mensual das familias pontevedresas chegando a situarse na primeira posición das sete grandes cidades.

As familias pontevedresas, segundo o IGE, ingresan unha media mensual de 2.468 euros ao mes, situando ao concello por riba dos datos de 2008, momento en que a crise económica golpeou á cidade. O dato demostra a capacidade de recuperación da nosa sociedade, mo- derna e adaptada aos tempos.

 

 

A boa saúde económica do concello tamén se reflicte na recuperación e na repunta do sector da construción, un dos históricos sectores estratéxicos en Pontevedra que quedou practica- mente destruído durante a crise do 2008. Evidente é o número de promocións de vivenda colectiva que se empezan a desenvolver na cidade, e que se poden ver en espazos tan em- blemáticos como os terreos de Tafisa, nos barrios da Parda ou da Eiriña. A recuperación do sector leva aparellado a estabilidade da economía local directamente ligada a el, pero tamén repercute nas Contas municipais xa que permite empezar a retomar os ingresos referidos ao cobro de taxas e impostos relativos a esta actividade económica (licenzas, ICIO, IBI…)

 

Desestacionalización do turismo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pacto de goberno

Outro dos aspectos que marcan a boa saúde da economía local e a posición internacional do concello, é o incremento do turismo, especialmente, do internacional. A mesma directora xeral de Turismo da Xunta vén de recoñecer que 120.000 turistas visitaron a cidade nos once primeiros meses de 2019 (a falta de contabilizar decembro). É dicir, un incremento do
13,6% ao respecto do ano anterior, con 25.000 pernoctas, e cun despunte máis que signifi- cativo do turismo internacional fixado no 30%. Ademais, confirmaba que Pontevedra era o destino máis desestacionalizado de Galiza.

Sen dúbida, a posición internacional de Pontevedra como cidade de alta calidade urbana e a curiosidade que desperta no exterior contribúe, definitivamente, a potenciar esta evidente tendencia, tendo en conta que a nosa cidade xa está e estará presente na prensa internacio- nal máis prestixiosa como o Financial Times, The Guardian, Le Monde, Le Figaro, Paris Match… entre outras moitas publicacións de distintos puntos do mundo que permiten situala entre as cidades que soan con forza nos foros internacionais.

E nesta bonanza da economía local enmárcase a boa situación económico-financeira do Concello que permite presentar uns orzamentos de 79.336.000 euros, unhas contas expan- sivas para o ano 2020, as máis elevadas da historia e as de maior investimento que se recor- de. Pero tamén coincide cun fito histórico da economía municipal: a menor débeda pública dende que se teñen rexistros. Está fixada en 7,9 millóns de euros e retrotrae ao Concello a mediados dos anos oitenta no que a débeda municipal se refire.

En conclusión, Pontevedra dispón dun Concello solvente, con capacidade altamente in- versora e posibilidades de financiamento de grandes proxectos que nacen neste Orzamento de 2020 e se irán desenvolvendo ao longo do mandato en beneficio de todos e todas as pontevedresas.

 

O Orzamento municipal

Os pontevedreses e pontevedresas decidiron nas pasadas eleccións municipais do 26 de maio de 2019 referendar a confianza no grupo municipal do BNG e incrementar a repre- sentación do grupo municipal socialista na Corporación. Ambos partidos decidiron confor- mar unha maioría baixo obxectivos comúns na xestión municipal, que rematou coa sinatura dun Acordo de Goberno o pasado xuño.

As contas xerais do Concello de Pontevedra para o ano 2020 beben, necesariamente, do citado Acordo de Goberno no que se recolle que a súa actuación se rexe polos principios de “cohesión social, respecto pola nosa identidade, equilibrio territorial, equidade, políticas redistributivas en beneficio das persoas con maiores dificultades e limitacións, fomento da igualdade real, posta en valor dos nosos recursos naturais e culturais, respecto pola diversi- dade”.

A actuación conxunta deste Goberno, estable e sólido, permite enriquecer e observar dende distintos puntos de vista a situación real do noso concello, mantendo sempre a autonomía de todas e cada unha das concellarías. O Orzamento de 2020 é, polo tanto, un documento construtivo, froito do encontro e da priorización das liñas de actuación do pacto de gober- no.

 

Aposta social e ambiental

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orzamentos participados

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Conxelación de taxas e impostos

Este documento económico foi elaborado seguindo dúas accións que marcarán a política do
Goberno dos vindeiros catro anos: o investimento social e o ambiental.

A aposta por potenciar o feminismo dentro do modelo de cidade, á atención as capas máis febles da nosa sociedade, o fomento do deporte vinculado á saúde dos nosos veciños e veciñas…, irán ligados á necesidade de estender o modelo urbano e os seus parámetros de calidade aos barrios e parroquias sen deixar de lado o sostemento dos espazos públicos xa tratados, que será un dos fíos condutores do orzamento de 2020. O obxectivo é acadar a excelencia dos espazos públicos, dos naturais, dos equipamentos e dos servizos.

A liña ambiental dos orzamentos que atravesa todas as áreas municipais (lixo, auga, obras, sostemento de espazos públicos, parques e xardíns, promoción da cidade, rural, monte, deporte, educación…) introduce de cheo a Pontevedra na loita contra o cambio climático. Con estes Orzamentos, o Goberno Local míralle de fronte á emerxencia climática mundial e asume a importancia de actuar localmente para obter resultados globalmente, defensa que xa realizou a finais do ano pasado durante a participación do Cumio do Clima (COP25) en Madrid.

 

 

O Orzamento de 2020 foi presentado non só aos grupos da oposición municipal senón tamén aos axentes económicos, sociais e veciñais, a través de distintos órganos de consulta e participación, como vén sendo habitual.

Abríronse roldas de consultas e mantivéronse reunións informativas con veciños e veciñas de distintos barrios e parroquias para pedir contribucións ao respecto de proxectos de futu- ro, coas Federacións de veciños e, mesmo co Consello Económico e Social (CES) nas que se deu cumprida conta do Orzamento de 2020, facendo fincapé na importancia que terán na dinamización da economía local.

É importante que este documento sexa amplamente divulgado xa que rexerá o futuro in- mediato do Concello e repercutirá de maneira importante na vida diaria dos pontevedreses e pontevedresas.

 

 

A elaboración dos orzamentos municipais comezaron o pasado mes de outubro, cando dende o departamento de Facenda se anunciou a conxelación, por sexto ano consecutivo, de todas as taxas e impostos municipais. A diferencia doutras localidades, Pontevedra non ten incrementado nin o IPC dende o ano 2015 incluído. Pero, ademais, conta cunha traxectoria de dez anos sen variar ou aumentar as taxas municipais por riba do IPC. Conxeláronse os impostos e taxas nos anos 2007, 2009, 2010, 2011, e no período do 2015 ao 2020. O resto de anos dende 2007, os incrementos foron por debaixo IPC e sobre unhas poucas taxas.

Segundo as estatísticas do Ministerio de Facenda, dos 8.116 concellos rexistrados no Esta- do, Pontevedra ocupa o lugar 2.299 polo tipo impositivo no IBI; o posto 1.434 no ICIO; o posto 2.125 na Plusvalía; o posto 961 no imposto de vehículos; ou o 524 no IAE. Mentres que en termos de poboación ocupa o posto 86 dos concellos do Estado.

 

Débeda municipal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os ingresos municipais

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Gasto

Outro dos fitos das finanzas municipais que recolle o documento económico, é a redu- ción da débeda municipal a cifras de récord. A 31 de decembro de 2019 está situada en
7.955.000 euros, é dicir, unha débeda similar á de mediados dos anos oitenta. Estas cifras supoñen unha débeda de 95 euros por habitante, mentres que a da Comunidade Autónoma está fixada en 4.300 euros/habitante, e a do Estado en 25.457 euros/habitante.

Ademais, o único capítulo que se reduce neste Orzamento é o de amortización de débeda cunha contía de 750.000 euros.

O Goberno acordou unha redución constante e paulatina da débeda sen que sufriran os in- vestimentos municipais. Polo tanto, é un bo termómetro do momento que vive o Concello, capaz de facer fronte a importantes proxectos neste 2020.

 

 

Os ingresos municipais fixados en 79.336.000 euros aumentan en 2,7 millóns de euros ao respecto da anualidade pasada, debido ao aumento da consignación dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) que financian a Estratexia de Desenvolvemento Urbano e Sostible (EDUSI) “Máis Modelo Pontevedra”; ao incremento das transferencias do Estado que a falta de confirmación da previsión para o ano 2020, consignáronse 19.800.000 euros, é dicir, as transferencias de 2019, o que supón 900.000 euros máis que en 2018; e finalmente o incremento da recadación municipal de taxas e impostos, derivado fundamen- talmente das inspeccións municipais realizadas no Imposto de Bens Inmobles (IBI), das no- vas altas derivadas do repunte da construción, así como das incorporacións das construcións rústicas dadas de alta polo Catastro na revisión do último ano. O principal imposto muni- cipal prevé unha recadación de 19.900.000 euros, é dicir, 960.000 euros máis que en 2019.

A equidade fiscal e a revisión constante dos padróns para actualizalos á realidade e para detectar o fraude, son as liñas de traballo da política fiscal municipal que leva máis de 6 anos sen actualizar taxas e impostos debido aos bos froitos deste método de traballo que o Goberno considera máis eficaz e xusto.

As porcentaxes de recadación das taxas e impostos municipais, practicamente todas por riba do 85% dos recibos emitidos, reforza a imaxe de que Pontevedra é unha sociedade cohe- sionada e concienciada coa redistribución da riqueza, e co bo uso que se está a facer da súa contribución económica á economía local municipal.

 

 

O Orzamento de 2020 incrementa o gasto por riba de 48 millóns de euros, entre gasto corrente e investimentos, e estes últimos superan os 13,1 millóns, os máis elevados da historia.

Son numerosos e cuantiosos os proxectos que se financiarán con estas contas: novas propos- tas de reforma urbana, organización de eventos, renovación e construción de novas instala- cións deportivas, creación de novas zonas verdes, ampliación dos parques infantís, mellora do sistema de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos, reforzo da Administración electrónica, incremento da financiamento dos comedores escolares, potenciación do trans-

 

porte urbano e iniciar o proxecto de transporte a demanda, ou achegar financiamento a obras impulsadas polo Concello pero executadas por outras administracións como a refor- ma da contorna da estación de autobuses ou o Hospital Montecelo, entre outros.

As partidas de gasto réxense polos criterios sociais e ambientais anteriormente citados, tendo sempre como liña de traballo mellorar a calidade de vida dos pontevedreses e pon- tevedresas.

 

 

As reformas urbanas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O sostemento de espazos públicos

O 2020 será o ano do inicio da reforma da rúa Loureiro Crespo e de todo o barrio do Cas- tañal, até o de agora o investimento municipal máis elevado que ten xestionado o Concello para unha reforma urbana. Achégase aos 2,9 millóns de euros e permitirá levar os estándares de calidade a un dos barrios máis populosos da cidade.

Á gran obra do ano súmanse proxectos de moita envergadura que se redactarán, contratarán ou, incluso, se iniciarán neste 2020: a reforma da praza da Barcelos, a remodelación da rúa Santiña seguindo os modelos do Gorgullón ou Virxe do Camiño; ou o estudo de todo o ámbito de Raíña Vitoria e a desembocadura do río Gafos co barrio de San Roque, a reforma do barrio de Mollavao, entre outros.

Á par tamén se comezará a traballar noutros barrios con obras de menor envergadura pero non menos importantes como o ámbito de Eduardo Pondal con Gorgullón e Doce de No- vembro ou Burgo, xa en obra.

 

 

É unha prioridade do mandato e así vén reflectida nos Orzamentos de 2020 a busca da excelencia dos espazos públicos tanto rurais como urbanos. Por este motivo un dos gastos máis importantes serán as partidas destinadas ao mantemento dos espazos públicos xa tra- tados. Tres son as partidas máis destacadas: a de sostemento dos espazos públicos urbanos con 550.000 euros; a dos espazos públicos rurais con 410.000 euros; e o incremento do contrato de sostemento de xardíns e zonas verdes que aumenta en 300.000 euros, situán- dose en 913.000 euros.

Ademais, hai que engadirlles os 275.000 euros destinados á reparación de incidencias en iluminación pública ou os 3,5 millóns para mellorar a accesibilidade no ámbito rural e ur- bano, e para zonas verdes.

Son case 6 millóns de euros para mantemento e pequenas reparacións de rúas, parques, prazas, camiños municipais, espazos de encontro, zonas verdes…, neste 2020. Non só é importante executar novos proxectos, senón tamén manter en bo estado de uso e goce os espazos xa transformados, tal e como nos esixen os nosos veciños e veciñas.

 

Os parques e as áreas infantís

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os grandes eventos deportivos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dotacións deportivas

A relevancia que os parques e zonas verdes adquirirán no presente Orzamento veñen re- flectidos no 1,6 millóns de euros que o Goberno destinará tanto para o mantemento como para a creación de novos ámbitos de lecer. A parte quedan as áreas infantís, tanto do ámbito urbano como do rural, que teñen a súa propia partida.

Coa decisión do Goberno de incrementar en 300.000 euros a partida destinada a ampliar o novo contrato de sostemento dos parques e dos xardíns municipais, pretende manter a alta calidade destes espazos para que poidan ser gozados polos veciños e veciñas, pero tamén para que sexan unha carta de visita da cidade de primeira orde. Este aumento de máis do 30% converterá o contrato de xardíns nun dos máis importantes das contas municipais.

Ademais do propio mantemento, tamén está previsto a creación de novos espazos verdes e de recreo en distintos puntos do concello, que estarán financiados cun orzamento global de
720.000 euros.

E a decisión política do sostemento tamén se trasladará aos parques infantís tanto no eido urbano como no rural. O crédito para esta materia sitúase en 330.000 euros.

 

 

Ao respecto da liña de traballo do Goberno local en materia de deporte, segue nunha dobre vertente: a celebración de grandes eventos deportivos e a promoción do deporte de base e da actividade física con carácter xeral para contribuír ao benestar dos pontevedreses e pontevedresas.

Con este fin, os Orzamentos de 2020 manteñen o investimento dos grandes eventos de- portivos fixado en 515.000 euros, respectando as contías rexistradas en 2019 cando Pon- tevedra organizou e gozou dos exitosos Mundiais de Tríatlon. Neste 2020 están previstas citas internacionais e estatais de Tríatlon, Ciclocross, Piragüismo, Taekwondo. O compro- miso do Concello con estes eventos é clara e inapelable polos importantes réditos que ten para a nosa cidade: incremento da cohesión social, movemento da actividade económica e goce de probas deportivas de elite.

 

 

Pero o amplo abanico de programación deportiva municipal non se pode pór en marcha se non se dispuxeran dos equipamentos axeitados para organizala. Está claro que nos grandes eventos, a rúa é o principal protagonista, especialmente en determinadas disciplinas, pero tamén é preciso seguir dotando ao concello de instalacións adaptadas aos tempos, para rea- lizar ese deporte de base.

Neste 2020 está prevista a remodelación do Pavillón da Once para optimizar o seu funcio- namento enerxético cun investimento de 448.000 euros, e poder seguir empregándoo en condicións de seguridade e confortabilidade.

Virá a completar as renovadas instalacións do Pavillón Multiusos, das Piscinas de Campo- longo, ou os novos campos de herba sintética executados, en execución ou en previsión na Xunqueira, Campañó, Santa María de Xeve, Cerponzóns, Salcedo e Ponte Sampaio.

 

O Complexo deportivo da Parda

 

 

 

 

 

 

 

 

O tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Contrato da auga

O Goberno traballará neste ano en poñer os piares do que será o futuro Complexo depor- tivo da Parda, todo un reto nas dotacións deportivas municipais polo que suporá de inves- timento de varios millóns de euros. O Concello xa é propietario da totalidade dos terreos e tamén dos seus accesos. Será o encargado de redactar un proxecto no que se inclúan as dotacións necesarias (cando menos un novo pavillón municipal) que será financiado en colaboración coa Secretaría xeral para o Deporte, que ten comprometido este gasto coa cidade, ademais da Deputación provincial.

A idea do Goberno é construír este novo complexo para poder proxectar, nun futuro, a remodelación do pavillón municipal de De la Sota que xa foi mellorado na cuberta, no sistema de iluminación e de calefacción.

 

 

Un dos capítulos económicos máis importantes dos Orzamentos municipais é o destinado á limpeza viaria e recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos. Mentres se sigue tra- ballando no prego do novo contrato, o Goberno continúa implementando a compostaxe: a individual rematará a súa implantación ao longo deste ano, e a comunitaria ampliarase en distintos barrios.

A mellora desta recollida selectiva suporá un incremento do contrato en 400.000 euros, buscando achegarse ás porcentaxes de tratamento de orgánicos esixidas pola Unión Euro- pea.

Un primeiro chanzo deste novo contrato do lixo é a partida de 2,5 millóns de euros do Orzamento destinados ao pago do contrato da limpeza das dependencias municipais no que se inclúen máis de 50 locais. Este servizo xa está en licitación.

A xestión dos residuos sólidos urbanos é o contrato municipal máis importante que se ten que renovar neste mandato e no que o Goberno Local está a verter todos os seus esforzos para acadar un servizo de limpeza e tratamento do século XXI.

 

 

Os millonarios proxectos vinculados ás melloras ofertadas pola empresa adxudicataria do novo contrato da auga, Viaqua, empezarán a ter reflexo ao longo de 2020. Están en marcha as obras e os proxectos dos saneamentos das parroquias de Verducido, Campañó e Santo André de Xeve, e os abastecementos das de Marcón, Salcedo, Lourizán e Mourente. Tamén está en execución a reforma da rúa Echegarai ou concluída a da Porta Grande, é dicir, du- rante 2020 estarán en obra ou en plena tramitación os 55 millóns de euros que permitirán sanear todo o rural en menos de tres anos e abastecer de auga potábel ao 90% da poboación de Pontevedra.

Este investimento multimillonario recaerá, esencialmente, nas parroquias do rural para atender ao 25% da poboación.

 

Fondos FEDER
– Estratexia “Máis modelo, Pontevedra”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Benestar Social

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Educación

O Orzamento municipal consigna neste 2020 contías significativas para cofinanciar xunto aos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) proxectos incluídos dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano e Sostible (EDUSI) “Máis modelo Pontevedra”, que profundan na aposta pola mellora da calidade de vida e a equiparación de servizos no ámbito urbano e no rural.

O remate da Ponte do Burgo para a primavera será o broche de ouro á xestión de 2019, pero neste 2020 está previsto actuar no pavillón da Once valorado en 448.000 euros; executar o parque forestal da Fracha en licitación por 564.000 euros, o terceiro parque forestal da cidade xunto ao de Pontillón do Castro (Verducido) e o da Tomba-Montecelo (Campañó).

Tamén se inclúe nesta anualidade a creación dos núcleos de centralidade parroquial de Tomeza e de Marcón, cun investimento global de máis dun millón de euros; actividades de dinamización para o gastroespazo do Mercado de Abastos, por valor de 150.000 euros; e a posta en marcha do proxecto “A Redeira” que consistirá na reforma do edificio municipal de Santa Clara, sede do Centro de Información á Muller, e a redacción do novo Plan Mu- nicipal de Igualdade, cun orzamento total de 133.000 euros. Este investimento é o reflexo da importancia que o Goberno Local dá ás políticas de igualdade, habilitando un edificio en exclusiva para este fin.

 

 

O eido social é unha das columnas vertebrais dos orzamentos municipais co obxectivo de atender as capas máis vulnerables da sociedade. Por este motivo ampliáronse as contías económicas dos convenios que habitualmente asina o Concello coas entidades sociais da cidade, ou ben se fixo un tratamento singular a aqueles que requirían unha tramitación máis sinxela, como no caso do Comedor de San Francisco.

O Servizo de Benestar Social do Concello refórzase con máis persoal para lograr unha aten- ción acaída e personalizada a todos os usuarios e usuarias, e mantense a partida da Renda Social para chegar ás persoas que non teñan posibilidade de solicitar outras axudas ante outras administracións.

O Goberno pretende, polo tanto, facer unha redistribución da riqueza atendendo a estes colectivos co propósito de axudalos a que poidan retomar unha vida en condicións de nor- malidade.

 

 

Tamén no eido social, o compromiso do Concello coas familias e a Educación vén marcado, especialmente, co incremento do 20% das contías destinadas ao financiamento dos come- dores escolares municipais nos centros de ensino.

A partida sitúase en 258.000 euros para dar unha atención acaída a todos os escolares que, cada vez máis, asisten aos comedores, un bo elemento educador e socializador dos cativos e cativas, e unha axuda á conciliación de moitas das familias do noso concello.

 

Administración electrónica

 

 

 

 

 

 

 

Transporte a demanda

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A relación co Estado, a
Xunta e a Deputación

Unha das liñas de traballo prioritarias para este mandato que arranca é o funcionamento óptimo da administración municipal para dar unha atención propia do século XXI aos pontevedreses e pontevedresas. A potenciación da administración electrónica é un dos as- pectos claves para o ambicioso proxecto que propón o Goberno. Por iso, o incremento de xeito significativo das partidas destinadas a este fin permitirá poñer en marcha a cita previa ao longo deste ano ou mellorar a interrelación entre servizos, así como dotalos do software indicado para acadar unha atención óptima.

O financiamento da administración electrónica tamén se verá beneficiada co investimento dos Fondos FEDER.

 

 

O transporte a demanda é, xunto á implantación da compostaxe, un dos proxectos de maior complexidade do mandato. O Goberno xa aprobou a posta en marcha dun estudo que acla- rará cales son as necesidades dun servizo destas características que atenderá aos barrios máis distantes e ás parroquias do rural empregando medios de transporte de baixa ocupación. O estudo realizarase ao longo deste 2020.

Ao igual que na transformación urbana ou na compostaxe, o Concello ten que volver a tra- ballar nun proxecto sen referencias coñecidas, co propósito de ofrecer o mellor servizo aos seus veciños e veciñas minimizando ao máximo as súas repercusións ambientais.

Paralelamente, existe xa un acordo coa Xunta para ordenar as novas liñas de transporte me- tropolitano que atravesarán a cidade creando un transporte municipal. Disporá dunha par- tida de 150.000 euros, que se complementará con 70.000 euros máis para o financiamento da liña de transporte ao barrio de Monte Porreiro.

 

 

Ademais dos proxectos financiados con fondos municipais, o Concello tamén colabora- rá neste 2020 con proxectos que outras administracións están executando na cidade. Son todos eles respostas a necesidades detectadas polo Goberno municipal e polos veciños e veciñas para mellorar a calidade de vida que, con moitos esforzos e durante anos de recla- macións, van saíndo adiante.

En execución está a reforma da estación de autobuses e da súa contorna á que o Concello achega máis de 1,5 millóns de euros. Os 5,8 millóns que custa a remodelación permitirán facer unha entrada directa á estación, destapar o Gafos, mellorar toda a contorna da avenida da Estación, e darlle continuidade á mellora da rúa Gorgullón.

O Concello tamén seguirá achegando as partidas previstas até completar os 4 millóns de euros acordados para a financiamento do novo Hospital Montecelo e a súa urbanización. Pero a achega municipal non se limita tan só á monetaria, senón tamén a condonar o pago do IBI das instalacións sanitarias na cidade ou dotar ao novo hospital dos servizos necesarios para o seu óptimo funcionamento. Isto obriga, por exemplo, a crear un novo depósito de auga potábel en Mourente, que xa está en execución.

 

O Goberno Local tamén agarda que este 2020 sexa o de inicio das obras do paseo a Marín, comprometido polo Estado hai varios anos. O Concello foi o impulsor desta proposta re- clamando a Fomento o sobrante da avenida de Marín que cedeu a Costas para materializar o proxecto.

E por último, coa Deputación provincial mantense o mesmo marco de colaboración que no pasado mandato, cunha asignación económica estable coa cidade, que permitirá continuar a estreitar lazos coa institución provincial en épocas pretéritas inexistentes.

 

 

Proposta de acordo

En base ás claves económicas expostas para 2020, teño a honra de someter este documento á avaliación dos representantes da cidade de Pontevedra. Este Orzamento Xeral está formado polos Orzamentos da Corporación, do Organismo Autónomo Pazo da Cultura, a Empresa Municipal de Turismo, o Orzamento Xeral Consolidado, as Bases de Execución, o Anexo de Persoal, a Operación de Crédito e o Anexo de Investimentos.

Deja un comentario