+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O Goberno da Deputación aproba as bases das subvencións para clubs que participen en competicións de ámbito inferior a nacional


 

Carmela Silva resaltou que “somos a administración que máis recursos adía ao deporte da provincia” e para mostra estas subvencións, dotadas de 600.000 euros

Ata 576 entidades deportivas da provincia beneficiáronse das axudas o pasado ano

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases das subvencións para clubs deportivos da provincia sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior nacional ou rexional preferente na modalidade de fútbol para o ano 2020. A Presidenta Carmela Silva subliñou que «novamente cumprimos co noso compromiso de aprobalas no primeiro mes do ano, somos a única administración que aproba bases en xaneiro». Estas subvencións deportivas teñen un orzamento de 600.000 euros, dos cales medio millón de euros será destinado ao deporte federado de ámbito inferior a nacional e 100.000 euros a clubs de fútbol de rexional preferente.

Carmela Silva salientou que “a Deputación é administración que máis recursos que lle adía aos clubs deportivos na provincia de Pontevedra e o facemos porque creemos firmemente no deporte. De feito, o pasado ano, beneficiáronse ata 576 entidades deportivas da provincia».

A presidenta da institución tamén explicou que “a concesión das subvencións, como todas as que poñemos en marcha, será en réxime de concorrencia competitiva e neste caso teranse en conta o número de licenzas federativas na temporada actual, o ámbito de competición do equipo de referencia, o número de categorías na temporada actual, o número de licenzas femininas na temporada actual e a posesión de licenzas de deporte adaptado”. O prazo para presentar as solicitudes abrirase ao día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOPPO e rematará o 9 de marzo.

Deja un comentario