+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

A Guarda acolleu a actividade -Igual a Nós-


A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social levou a cabo o pasado venres 31 de xaneiro no Centro Cultural da Guarda a xornada para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero Igual a Nós potenciando o uso das novas tecnoloxías e converténdoo nun espazo de encontro entre mulleres.

A actividade tivo unha duración de hora e media e dividiuse en dous bloques: en primeiro lugar, nunha representación escénica cun coloquio onde afondouse e debateuse sobre os conceptos abordados na representación (corresponsabilidade, novas tecnoloxías, App EscApp, igualdade,…) e, en segundo lugar, realizaron unha performance sobre a violencia que sofren as mulleres ao longo da súa vida.

O obxectivo destas actividades están enfocados á eliminación das tradicións sexistas, que moitas veces dificultan a visibilización de situacións de maltrato.

Deja un comentario