+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

O alcalde Andrés Díaz e membros do equipo de goberno asistiron á clausura dun curso do Programa Actívate para formar a menores de 35 anos


Un total de 25 personas aprenderon técnicas de deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre no Centro Cultural de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, e membros do equipo de goberno asistiron ao acto de clausura do curso de deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer do Plan Actívate, da Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello, que se impartiu no Centro Cultural.

Andrés Díaz fixo entrega aos 25 alumnos participantes, todos eles menores de 35 anos, e felicitounos polos coñecementos adquiridos en materia de planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre. O curso tivo unha duración dunhas 40 horas lectivas con contidos teóricos e outros moitos eminentemente prácticos.

O rexedor lembrou o compromiso do Concello de Ponte Caldelas coa formación e a capacitación, sobre todo da mocidade, interesada en prepararse para poder acadar uns coñecementos que lle permitan ter maior capacidade competitiva para poder insertarse, no futuro, no mercado laboral.

Díaz Sobral agradeceu tamén aos profesores a súa dedicación e desexoulle aos participantes que aproveitaran ao máximo esta oportunidade que lle ofrece este curso gratuíto e animounos a seguir formándose cara ao futuro.

Deja un comentario