+034 986 09 02 04 Mércores 26 de Setembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación de pontevedra concede 4.200€ a entidades deportivas de Gondomar e Tui para a promoción e apoio do deporte


Estas axudas beneficiaron, o pasado mes de xuño, a 41 clubs e deportistas da provincia aos que a Deputación respaldou con 178.434€.

O Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) ven de publicar o anuncio polo que se lle conceden 4.200€ a Agrupación Deportiva de Vincios do Gondomar e do Club kayak Tudense (Tui) para o fomento e apoio das iniciativas das entidades sen ánimo de lucro no ámbito deportivo.
Concello Beneficiario Finalidade
Gondomar Agrupación Deportiva de Vincios X torneo Internacional de Gondomar
Tui Club kayak Tudense Adquisición de motor fóraborda usado para embarcación

Trátase das axudas concedidas polos Servizos de Deportes da Deputación dirixidas clubs ou entidades deportivas e deportistas individuais, radicados na provincia de Pontevedra, para financiar a súa participación en competicións deportivas de carácter extraordinario que esixan viaxar fóra de Galicia, no ámbito estatal e internacional.
Consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas, a Deputación é coñecedora das carencias que teñen aqueles clubs e deportistas que desexan realizar a súa práctica. O obxecto destas subvencións é intentar paliar ese déficit apoiando ás entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocadas por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, en cada unha das súas modalidades deportivas.
Estas axudas beneficiaron, o pasado mes de xuño, a 41 clubs e deportistas da provincia aos que a Deputación apoiou con 178.434€.

Deja un comentario