+034 986 09 02 04 Sábado 19 de Setembro de 2020

O alcalde reclama que a Xunta triplique as súas achegas aos concellos por participación nos ingresos


Abel Caballero lembrou esta mañá que o Concello de Vigo recibe 6.437.962 euros como participación nos ingresos das comunidade autónoma, mentres que esta cifra se eleva a 78.240.600 se falamos dos ingresos do Estado. Ante esta situación, reclamou á Xunta que triplique as transferencias directas incondicionadas a todos os concellos galegos posto que esta situación é similar en toda Galicia

O alcalde esixe á Xunta que multiplique por tres a súas achegas aos concellos como participación nos ingresos das comunidades autónomas, seguindo o artigo 142 da Constitución: As Facendas locais deberán dispoñer dos medios suficientes para o desempeño das funcións que a lei atribúe ás Corporacións respectivas e se nutrirán fundamentalmente de tributos propios e de participación nos do Estado e das Comunidades Autónomas.

Nestes momentos, Vigo recibe 78.240.600 euros en concepto de participación dos ingresos do Estado, o que supón unha porcentaxe do 92,4%; mentres que nos ingresos da Xunta, esta cifra é de 6.437.692 euros, cunha porcentaxe do 7,6%. Caballero sinalou que estes datos son similares para todos os concellos galegos por iso instou ao seus homólogos do resto de Galicia a esixir á Xunta que cumpra coa Constitución e multiplique por tres as súas transferencias directas incondicionadas ás facendas locais. Con este obxectivo, o rexedor enviará unha carta a todos os rexedores da comunidade para se unan nesta reclamación.

Deja un comentario