+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

Alumnos e alumnas do CEIP de Corvillón visitaron o Concello de Cambados


  • A visita faise como reforzo de aprendizaxe para mostrar o funcionamento do Concello.

Alumnos e alumnas do CEIP de Corvillón visitaron no día de onte a casa do Concello de Cambados. O propósito de esta actividade foi coñecer de preto o funcionamento da política local, e observar o traballo que se leva a cabo día a día na casa do concello de Cambados, que é a administración pública máis próxima.

Os estudantes do CEIP de Corvillón, pasaron polas diferentes oficinas da Casa Consistorial ( dende Intervención, á Policía Local ou ao Rexistro) para rematar no despacho da alcaldesa Fátima Abal, onde os recibiu na compaña da concelleira de Deportes, Cruz Leiro.

Fátima Abal que, ademais da alcaldía, tamén é responsable de educación e mocidade, respondeu ás preguntas que lle formularon os estudantes, aos cales lles explicou o funcionamento das diferentes áreas do concello, como por exemplo, o Rexistro ou a Policía Local; ademais de aclararlles para que serven os pictogramas que hai nas portas de cada oficina.

O máis relevante foi,  o momento no que os estudantes lle fixeron a alcaldesa, as súas peticións para a mellora do seu colexio, apuntando o seguinte; un parque para os estudantes maiores, novas actividades,  e por suposto un comedor, ou ben un patio cuberto.

Fátima Abal tomou nota de todas as peticións, e ao remate, a alcaldesa convidou a todos os nenos e nenas a que avisaran na casa das Xornadas dos Espumoso, para que os inscribisen ao Obradoiro Infantil de Conservas de Cambados, que se realizará o domingo 16, dentro do programa das VIII Xornadas, de Viños Espumosos Rías Baixas.

Por último, os estudantes recibiron de mans da alcaldesa, un pequeno agasallo que consistiu nun libro para colorear de Ramón Cabanillas, e un estoxo con ceras no seu interior, para que os nenos e as nenas poidan colorealo.

Fátima Abal, novamente volve a agradecer á dirección e aos docentes, a práctica de estas actividades escolares, que achegan ás administracións públicas  aos veciños e veciñas, facendo máis perceptible o traballo que realizan os funcionarios e os políticos, no seu día a día.

Deja un comentario