+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Agosto de 2020

José Trillo, veciño centenario da parroquia de Cela


Celebrou o seu 100 aniversario o pasado 19 de xaneiro e continúa a ler o xornal sen gafas

 

O Concello de Mos e a parroquia de Cela suman un novo veciño centenario. Trátase de José Trillo Figueroa, que celebrou o seu 100 aniversario o pasado 19 de xaneiro.

O Señor José, que recibiu esta semana a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e do concelleiro de Cela, Gonzalo Alonso, para felicitalo, é pai de 9 fillos (5 mulleres: Josefa, Carmen, Gloria, Consuelo e Anunciación, e 4 homes, -un deles xa falecido-: Floriano, José, Serafín e Manuel). E ten xa 19 netos e 26 biznetos.

José Trillo naceu no barrio do Covelo, en Arufe-Cela, e adicouse profesionalmente ao asfaltado de estradas.

O 9 de Maio de 1945 casou con Anunciación Táboas Lorenzo, nai dos seus 9 fillos e á que lle gustaba moito camiñar. José enviuvou de Anuncia fai xa 34 anos.

A día de hoxe o Señor José é un home moi activo, que le o xornal todos os días sen gafas e gústalle ver os partidos de fútbol. Os sábados e os domingos vai xogar a partida de cartas e todos os domingos vai á Misa á Igrexa de San Pedro de Cela. É moi sociable cos seus veciños, quenes o definen como moi boa persoa.

Despois de ser testemuña de todo un século, José Trillo Figueroa ten moita historia ás súas costas: estivo en dúas guerras, índo a Rusia voluntario.

Deja un comentario