+034 986 09 02 04 Xoves 06 de Agosto de 2020

O PPdeG de Ponte Caldelas vota en contra da Conta Xeral do 2018 que presenta reparo de intervención no 96% do gasto total, un remanente negativo de tesourería de 213.887,39 euros e un déficit orzamentario dun millón de euros


Andrés Díaz levou a recoñemento extraxudicial de débeda do 2019 de 700.000 euros

O Partido Popular de Ponte Caldelas votou en contra da aprobación definitiva da Conta Xeral do 2018 que foi levada de urxencia hoxe a Pleno cando o prazo rematara o pasado 15 de outubro. Os populares argumentaron a súa negativa a aprobala en que presenta un reparo de Intervención, é dicir que incumpre á lei de contratación pública, do 96% do gasto total do Concello (uns 3.361.304 euros dos 3.509.713,15 euros que presenta o rozamento do 2018); en que se salda cun remanente negativo de tesourería de 213.887,39 euros e un déficit orzamentario que ronda o millón de euros.

O Pleno, unha vez que foi convocado con toda a legalidade que lle esixía a oposición e “sin ningún erro tipográfico” (como esgrimiu falsamente o alcalde Andrés Díaz), tivo un carácter eminentemente económico posto que o grupo de goberno levou un recoñecemento extraxudicial de débeda de casi 700.000 euros en facturas sen pagar e o informe de Intervención onde se sinala que no derradeiro trimestre do ano 2019 o Concello deixou “facturas pendentes de pagar ao final do trimestre” de 1.033.920,99 euros (949.098,43 dentro do periodo legal e 84.822,56 fóra) o que supón unha clara imaxe negativa da nefasta xestión económica de Díaz ao fronte do Concello de Ponte Caldelas.

Unha vez feita a crítica e por responsabilidade coas persoas e familia que están pendentes de cobrar polos traballos feitos ou servizos prestados ao Concello, o Grupo Municipal do PPdeG, pese a exercer unha severa crítica para que a xente reciba en tempo e forma os cartos que lle pertencen decidiu absterse para non dificultar en ningún momento que se afronte o pagamento por parte do Concello.

O derradeiro punto na orde do día centrouse nunha modificación da Relación de Postos de Traballo para o ano 2020 (RPT), que tamén foi informada con reparo pola Intervención que sinala, entre as súas numerosas consideracións, que incumpre o Real Decreto-lei 2/2020, de 21 de xaneiro de 2020, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público ao experimentar un incremento global superior ao 2% respecto ao vixente a 31 de decembro de 2019, ademais de sinalar que “resulta dubidoso que unha modificación que afecta a un número tan importante de postos de traballo poida cualificarse de singularizada… Compre advertir por último que o orzamento desta Corporación para 2019, prorrogado a 2020, non recolle os créditos necesarios para a aplicación da modificación proposta, polo que, de ser o caso, haberá que promover, ben unha modificación de crédito que dote de orzamento dos créditos necesarios, ben a aprobación dun orzamento para o 2020 que recolla estes importes. No entanto, a modificación no caso de aprobarse, devirá INAPLICABLE POR FALTA DE CRÉDITO ORZAMENTARIO, o que determina A NULIDADE DOS ACTOS CONCRETOS DE APLICACIÓN DA MODIFICACIÓN PROPOSTA”.

Ante este informe preceptivo de Intervención, o voceiro do PPdeG, Antón Xil, recriminoulle ao alcalde que “pese a ter maioría absoluta tampouco foi quen de presentar uns orzamentos para o 2020 en condicións antes do 31 de decembro como cando demandaba vostede cando estaba na oposición, e poder dar cobertura legal a este tipo de iniciativas ás que non nos opomos, pero que hai que tomar contando con tódalas garantías legais e co respaldo orzamentario axeitado”.

CREACIÓN DO CIM E DISCULPA PÚBLICA ÁS TRABALLADORAS

Nesa modificación da RPT aparece tamén reflexada e con sorpresa para o PPdeG da “creación do Centro de Información á Muller (CIM)”, que fora suprimido polo alcalde, despedido ás dúas traballadoras e que despois de litixios xudiciais tiveron que ser readmitidas como persoal laboral fixo a cargo do Concello cun prexuizo económico para as arcas municipais en indemnizacións, incorporacións laborais, salarios, atrasos, devolución de subvencións e non concurrencia ás mesmas de máis de 250.000 euros.

Antón Xil esixiulle ao alcalde que tiña que pedirlle disculpas públicamente a esas traballadoras ás que acusou e ninguneou de tal xeito que tivo que pagar o concello unha indemnización polos danos causados.

Deja un comentario