+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Agosto de 2020

O concello de Arbo reparte 1500 euros no desfile de comparsas


Concello de Arbo convoca un concurso de comparsas para celebrar, o próximo domingo 23 de febreiro, o Entroido 2020, establecendo as seguintes categorías

Os que desexen concursar, deberán anotarse no Concello ou ata unha hora antes do inicio do desfile a través de persoal do Concello identificado durante os momentos previos ao inicio do desfile. O prazo para anotarse no Concello remata o xoves 21 de febreiro ás 13:00 horas.

Poderán participar no evento todas as comparsas ou mascaristas que se inscriban, non é imprescindible nin obrigatorio ser do Concello de Arbo.

O entroido e unha festa moi popular en Galicia, e en Arbo un evento que cada ano, consigue atraer a máis participantes da comarca e incluso do país veciño Portugal, informa o rexedor do Concello Horacio Gil. Tamén unha festa que se esta estendendo en numero de publico e na que o Concello pon todo o seu interese en facer un fin de semana divertido para nenos e adultos, remata dicindo o alcalde – que anima a todos e a todas a participar no desfile e no concursos, e os menos atrevidos poden achegarse a Praza Consistorio a pasar un rato divertido con moito colorido.

Deja un comentario