+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O concello de Nigrán inicia con Luisa Martínez (CSIC) a semana adicada ao «Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia»


A responsable da Unidade de Cultura Cient ífica do CSIC ofreceu unha charla na Escola Infantil ‘As Dunas’

O Concello de Nigrán iniciou este luns a programación con motivo do ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’ (11 de febreiro) coa charla de Luísa Martínez (responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC) na Escola Infantil ‘As Dunas’. Ao longo da semana, Luísa e outras cinco científicas de referencia vinculadas a Nigrán acudirán a todos os centros educativos públicos do municipio. Son Elena Ojea (directora do grupo de investigación Future Ocean Labs da Universidad de Vigo), Aurkene Belasco (investigadora na Ecimat), África González (catedrática de inmunoloxía na Universidad de Vigo), Silvia Torres (Unidad de Tecnoloxías Mariñas da Fundación Cetmar) e a propia Luísa Martínez. Estas cinco científicas de referencia e vinculadas a Nigrán (por nacemento ou residencia) protagonizarán o venres 14 desde as 19:30 no Auditorio Municipal o encontro participativo ‘Namórate da Ciencia’.
O fin desta programación municipal é visibilizar o traballo das investigadoras e, ao mesmo tempo, promover no alumnado feminino a dedicación profesional a este coñecemento. O Concello de Nigrán recoñece tamén deste xeito a traxectoria de cinco das súas veciñas máis respectadas no eido científico e grazas ás cales se poden levar a cabo estes encontros.

Deja un comentario