+034 986 09 02 04 Venres 21 de Febreiro de 2020

Cerdedo-Cotobade celebra unha charla informativa coas asociacións


O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de celebrar unha charla informativa coas asociacións veciñais e culturais, colectivos musicais, comunidades de montes e de augas e entidades de tipo diverso para informarlles dos novos procedementos dixitais para o tecido asociativo e para abordar outras cuestións de interese xeral para as mesmas.
Esta convocatoria, que foi presentada polo concelleiro Bruno Portela e impartida por técnicos culturais e especialistas en cuestións asociativas, contou coa participación dunha vintena de colectivos do territorio de Cotobade.
O Concello vai programar outra conferencia similar para o territorio de Cerdedo no marco da súa política de descentralización e de achegar, o máximo posible, os servizos públicos aos veciños.

Deja un comentario