+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Abril de 2020

O concello de Arbo organiza o concurso “Visita arbo e gaña” para promocionar a LX Festa da Lamprea


Concello de Arbo anima a visitar a vila durante estes meses para gozar da súa gastronomía, hostalería, paisaxes, deportes de aventura, cultura e actividade e festexos e potenciar e promocionar a LX Festa da Lamprea que terá lugar os días 24, 25 e 26 de Abril

Un total de 20 establecementos participan no concurso: Restaurante a Rula, Restaurante a Vila, Restaurante os Pirus, Casa Barcia, Churrasqueria Torgan , Casa Cruceiro, Casa Grande Almuiña, Casa Pazos, Albergue Rural O coto, Vivendas Turisticas Eidos da Laxe , as empresas de Aventura no Rio Miño Arrepions e Vaguada Aventura e as Adegas Pazo Pondal, EidoSela, Marques de Vizhoja, As Laxas, Adega Carallán, Adegas Galegas, Adega do Ricón e o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea

O Concello de Arbo, no seu interese por promocionar a gastronomía, a hostalaría, os deportes de aventura, as adegas e a Festa da Lamprea, organiza o sorteo denominado “Arbo, Vila Da Lamprea”. Este Sorteo ten como obxectivo primordial dar a coñecer a lamprea e os viños de Arbo e promover os restaurantes e casas de turismo rural que ofrecen estes produtos identifícativos do noso Concello, as adegas de Arbo, así como as dúas empresas arbenses que organizan deportes no río Miño e o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo”

Poderá participar no sorteo todo comensal que acuda a comer lamprea aos restaurantes e casas de turismo rural, todos os que realicen actividades coas empresas de aventura arbenses, os hospedes que acudan os hospedaxes de turismo rural, as persoas que visiten as adegas do noso Concello eTodos os visitantes ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” que degusten os viños presentes na vinoteca municipal.

Os premios de “Arbo,Vila da Lamprea”, consistirán en invitacións nunha nas casas rurais de Arbo, comidas ou cenads nun dos restaurantes ou casa de turismo rural de Arbo, vales canxeable para dúas persoas para practicar deporte de aventura no Rio Miño e lotes de viño da D.O Rias Baixas das adegas de Arbo participantes na campaña “Arbo, Vila da Lamprea”.

O Rio Miño, as Pesqueiras e a Lamprea, conforman unha fonte de riqueza gastronómica, cultural e económica para todos os arbenses que no ano 2003 foi institucionalizada ao inaugurarse o Centro de interpretación do viño e a lamprea-ARABO, informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. Dentro da estratexia de Turismo do Concello de Arbo, a promoción e unha parte das partes máis importantes que se están levando a cabo, polo que este tipo de concurso ademáis de atraer visitantes, tamén promocionan as adegas, restaurantes, as casa de turismo rural e as empresas de ocio, remata o rexedor.

Deja un comentario