+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Abril de 2020

As cores das camelias continuarán enchendo o Manuel Torres co pintor Álex Vázquez


O pintor exporá máis obras da súa colección pictórica no museo municipal. A exposición inaugurarase o xoves 23, ás 19,00 horas

A III Mostra Camelias e Mar volveu ser «un gran éxito», tal e como valorou hoxe o Concello, que de novo agradeceu ás organizadoras do evento, Cristina Barreiro y Mara Fariña. Aproveitando a temática da camelia, o museo acollerá agora como continuación unha mostra pictórica de Álex Vázquez.
O artista xa expuxo parte das súas creacións durante a mostra da camelia, pero agora poderán descubrirse máis cadros deste pintor, que atopa nas paisaxes e nas flores a súa gran inspiración.
A inauguración da mostra será o xoves 13, ás 19.00 horas, do Museo Torres. Estará aberta ate o día 23 de febreiro.

Deja un comentario