+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Abril de 2020

A Biblioteca de Soutomaior organiza un taller artístico sobre Rosalía de Castro


A iniciativa inclúe un contacontos e a creación dun gran cadro colectivo cunha mensaxe de igualdade
A Biblioteca Municipal de Soutomaior, Luís Seoane, acaba de abrir o prazo de inscrición para a súa próxima actividade, un taller creativo dirixido ao público infantil centrado na obra de Rosalía de Castro. A participación no taller é totalmente gratuíta e ten un límite de 25 prazas que se asignarán por orde de rexistro na web municipal.
O taller artístico celebrarase o 27 de febreiro e está dirixida a nenos e nenas de máis de 7 anos, nos que pretende fomentar valores de igualdade a través da figura da poetisa e o seu libro “Cantares Gallegos”. Unha obra na que reflicte a súa desconformidade #ante as desigualdades de xénero, idioma e clase social.
A sesión inclúe un contacontos centrado na obra da poetisa no que participarán todos os asistentes e finalizará cunha “ Rosaliada”, un gran cadro colectivo no que, tal e como facía Rosalía, utilizarase a arte para transmitir unha mensaxe de igualdade e respecto á nosa sociedade.

Deja un comentario