+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Abril de 2020

O ANPA CPI Curros Enríquez organiza un campamento para a conciliación familiar durante os días de Entroido


O prazo de inscrición finaliza o 17 de febreiro e está aberta a nenos e nenas do municipio doutros centros educativos
A asociación de nais e pais de alumnos do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén organiza un campamento para mellorar a conciliación familiar durante os días de celebración do próximo entroido. A actividade terá lugar na Casa Cultural de Pazos de Borbén en horario de 9 da mañá ata as 3 da tarde os días 24, 25 e 26 de febreiro.
A iniciativa xorde como unha posibilidade de axuda para aqueles pais que teñan problemas para conciliar a vida laboral e familiar durante o próximo período festivo e á vez ofrecer unha alternativa de lecer diferente aos pequenos. Durante os tres días que dura a actividade os nenos e nenas participantes confeccionarán as súas propias máscaras e disfraces de entroido e aprenderán a cociñar cun taller para chefs infantís.
O campamento ten un custo de 25 euros para os membros da asociación e de 30 para o resto de asistentes. Ademais, poderase optar a diferentes descontos segundo o número de irmáns que participen na actividade. A inscrición deberá realizarse a través do teléfono 672 039 998 antes do próximo día 17 de febreiro.

Deja un comentario