+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Novembro de 2020

A Deputación súmase ao Día Mundial contra o Cancro Infantil e tingue de amarelo o Pazo Provincial


O sábado celébrase o día internacional da loita contra a enfermidade co obxectivo de sensibilizar sobre os desafíos aos que se enfrontan a infancia e mocidade e as súas familias

A Deputación de Pontevedra únese á celebración do Día Mundial contra o Cancro Infantil, que terá lugar este sábado, 15 de febreiro. Por este motivo, o Pazo Provincial será iluminado dende este venres 14 ata a mañá do luns 17 de febreiro de cor amarela, a cor do ouro, que simboliza a fortaleza e resistencia das crianzas que se enfrontan a esta enfermidade e das súas familias. Esta iniciativa xorde tras a solicitude da Asociación “Nico contra el cáncer infantil”.

Para a Deputación de Pontevedra estas accións son imprescindibles para dotar de visibilidade as enfermidades coma o cancro infantil e apoiar entidades que están a traballar para lograr unha maior cohesión social, mellorar a calidade de vida da cidadanía e impulsar melloras en canto ao diagnóstico, tratamento e investigación de enfermidades que afectan a colectivos tan vulnerables como a infancia. Deste xeito, o goberno provincial quere sumarse ás iniciativas que dende a Asociación “Nico contra el cáncer infantil” están a desenvolver dende o ano 2015 tanto para impulsar una maior investigación como para garantir o dereito a un diagnóstico e tratamento preciso e a tempo.

Cada ano en España máis de 1.500 nenas e nenos reciben un diagnóstico de cancro, o que se traduce nun forte impacto para as crianzas e as súas familias. Dende asociacións como “Nico” traballan para mellorar as técnicas de diagnóstico e os tratamentos, loitando por impulsar a investigación e aumentar a taxa de supervivencia que leva dende o ano 2000 estancada.

Deja un comentario