+034 986 09 02 04 Venres 14 de Agosto de 2020

O concello de Nigrán ofrece mañá venres o Encontro Participativo «Namórate da ciencia» con cinco investigadoras de referencia en Nigrán


Elena Ojea (directora do grupo de investigación Future Ocean Labs da Universidad de Vigo), Aurkene Belasco (investigadora na Ecimat), África González (catedrática de inmunoloxía na Universidad de Vigo), Silvia Torres (Unidad de Tecnoloxías Mariñas da Fundación Cetmar) e Luísa Martínez (CSIC) amosarán o seu traballo dun xeito práctico no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán pon mañá venres o broche de ouro á programación especial con motivo do ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’ (11 de febreiro) co encontro participativo ‘Namórate da Ciencia’ desde as 19:30 horas no Auditorio Municipal. Cinco investigadoras de referencia vinculadas a Nigrán (por nacemento ou residencia) protagonizarán este encontro, son: Elena Ojea (directora do grupo de investigación Future Ocean Labs da Universidad de Vigo), Aurkene Belasco (investigadora na Ecimat), África González (catedrática de inmunoloxía na Universidad de Vigo), Silvia Torres (Unidad de Tecnoloxías Mariñas da Fundación Cetmar) e Luísa Martínez (responsable de divulgación científica do CSIC). Cada unha delas contará con cadanseu pequeno laboratorio para amosar aos asistentes o seu traballo dun xeito eminentemente práctico (por exemplo, elaboración de vacinas no caso de África González). Ademais, estarán dispoñibles para responder todas as preguntas que se lles formule durante a sesión. Neste ambiente desenfadado e dirixido a todos os públicos, servirase rosca e chocolate (co obxectivo de reducir residuos recoméndase traer un vaso da casa).

O fin desta programación municipal, desenvolvida durante toda a semana tamén con charlas impartidas polas 5 investigadoras en todos os centros educativos de Nigrán, é visibilizar o traballo das científicas e, ao mesmo tempo, promover no alumnado feminino esta adicación profesional. Paralelamente, o Concello de Nigrán recoñecerá publicamente neste encontro a traxectoria de cinco das súas veciñas máis respectadas no eido científico e grazas ás cales esta semana de actos foi posible.

Deja un comentario