+034 986 09 02 04 Venres 21 de Febreiro de 2020

Inscricións abertas na Guarda para un Curso de Monitor/a Actividades de Tempo libre


O Concello da Guarda, a través da Concellería de Xuventude e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, ven de abrir o prazo de inscricións para un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre que comezará no vindeiro mes de marzo.

Este curso inclúe formación específica en atención á diversidade e ten un prezo de 255€ para persoas en situación de desemprego e de 275€ en tarifa ordinaria, coa posibilidade de fraccionar os pagos en dous prazos.

O Curso realizarase as fins de semana en horario de 9:00h a 14:00h e de 15:30h a 20:30h os sábados e os domingos en horario de 9:00h a 14:00h, impartido pola Escola de Tempo Libre Koremi.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición a través do formulario online: https://forms.gle/qNXZjvSgcxcpf9HK6 ou contactando coa OMIX da Guarda no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Deja un comentario