+034 986 09 02 04 Sábado 04 de Xullo de 2020

O concello da Guarda continúa traballando para ser mais accesible


Nas actuacións de humanización, recuperación e mellora de rúas, espazos e edificios públicos que se veñen realizando no concello da Guarda, a accesibilidade ten un peso importante hora de redactar os proxectos e executar obras.
Neste senso o concello ten realizado actuacións singulares como: “a rampla de acceso a parte alta do auditorio de San Bento”, “o acceso a praia da Area Grande” ou o “ascensor e baños da paza de abastos”, entre outras. Tamén se levan executado multitude de obras de humanización en plataforma única entre as cales destaca a rúa Concepción Arenal.
Precisamente a obra de humanización de Concepción Arenal seguiu os criterios marcados no “Plan de mellora da Accesibilidade na vila da Guarda”, redactado no ano 2018. Concretamente, a obra de Concepción Arenal, resolve a mellora da accesibilidade de dúas das “Areas de Consideración Especial” marcadas como tales no mencionado plan: A zona ente a rúa Galicia e Avelino Vicente, e a zona entre a rúa Brasilino Álvarez e a rúa do Porto. Estas dúas zonas de actuación veñen marcadas como as primeiras fases a executar.
Xunto coas “Areas de Consideración Especial” o plan de accesibilidade marca unhas “Áreas de Actuación” nas que se deben resolver problemas puntuais de accesibilidade. A primeira “Área de Actuación” recomendada abarca un tramo da rúa Galicia que vai dende o cruce con República Dominicana ata o cruce con Concepción Arenal.
O concello ven de adxudicar as obras de mellora da accesibilidade deste tramo por un importe de 47.900 € con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.
A obra consiste na adecuación dun tramo da rúa Galicia comprendido entre a intersección con República Dominicana e Ramón Sobrino, onde se inclúe a sinalización sensorial para persoas con discapacidades visuais e a priorización e continuidade dos tránsitos peonís sobre os vehículos.
Pretendese adecuar un tramo urbano moi importante para a vila da Guarda, coa colocación de pavimentos de botóns, eliminación de vados en mal estado, eliminación de resaltes, redución de desniveis, instalación de bolardos para a protección dos peóns, elevación de pasos de peóns e colocación de pavimentos direccionais.
As obras teñen un prazo de execución de dous meses e será preciso o corte de rúas en momentos puntuais para acometer certos traballos.

Deja un comentario