+034 986 09 02 04 Sábado 15 de Agosto de 2020

Moraña e Valga inciden na vía da formación e o emprego coa solicitude de dous novos obradoiros á Xunta


Pide n s e n ll a s i n i c i a t i v a s , u n h a d e m a i o r e s d e 4 5 a n o s e o u t r a d e menores de 30 para corenta persoas, que comezarían a finai s de ano

Os Concellos de Moraña e Valga van incidir na vía da formación e da inserción no mercado laboral dos desempregados de ambos municipios coa solicitude de dous novos Obradoiros de Emprego á Xunta de Galicia. Os proxectos de ambas iniciativas ocupacionais xa están redactados e a petición está a piques de formalizarse co obxectivo de que sexa avaliada na próxima convocatoria de cara á súa posible posta en marcha a finais de ano se son aprobados polo executivo galego.
Nesta ocasión, os dous concellos optaron por presentar proxectos de xeito separado aínda que, no caso de concesión, desenvolveríanse conxuntamente tal e como sucedeu coas catro derradeiras edicións do obradoiro Ulla-Umia.
Así, o Concello de Moraña vai solicitar unha iniciativa para menores de 30 anos de idade que contaría con 20 prazas e que desenvolvería as modalidades de Albanelería e Forestal. Coas mesmas, executaríanse obras de continuidade das sendas peonís naturais que se están acometendo coa cuarta edición actualmente en curso e obras de mantemento e mellora de edificios públicos.
Pola súa banda, Valga pedirá un obradoiro para persoas maiores de 45 anos que contaría cos módulos de Forestal e Carpintaría. Con eles, en Moraña acometeríanse labores de preservación e coidado de espazos de valor medioambiental e natural e, por outra banda, reparacións e melloras en patios de centros educativos e peches de carballeiras e zonas boscosas, creación de mobiliario e tarefas de tratamento de madeira.
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, que amosou a súa confianza en que alomenos unha das solicitudes saia adiante para darlle continuidade aos obradoiros, destacou que o municipio leva conseguidas seis iniciativas laborais destas características de xeito consecutivo –contando o Ulla-Umia IV actualmente en curso– e que elo supuxo a formación de 120 persoas cun orzamento global de 1,7 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.

Deja un comentario