+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

O concello de Nigrán abre este domingo co «Entroido Infantil» a súa programación especial


O Concello de Nigrán arranca este domingo 16 de febreiro a programación especial de carnaval coa celebración do entroido infantil no Auditorio Municipal desde as 17:30 horas a cargo de ‘Voltereta e Volvoreta’. A festa arrancará cun contacontos participativo e despois será o concurso de disfraces e desfile. O venres 21 de febreiro ás 12:00 horas terá lugar o tradicional desfile escolar pola contorna do Concello de Nigrán (colexio Humberto Juanes e a Escola Infantil ‘A Galiña Azul’ de Nigrán). A continuación, o día grande será o sábado 22 co desfile de comparsas, que abrirá o grupo de batucada ‘Bate no Cobre’ (en caso de choiva se posporá ao 6 de marzo). O martes 25 de febreiro o Auditorio Municipal acollerá durante toda a mañá o concurso que cada ano realizan conxuntamente os centros de día do Val Miñor. O entroido de Nigrán finaliza o sábado 7 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada

Deja un comentario