+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

Enrique Lago, catros anos presidindo a Asociación de Empresarios de Redondela .


O VINDEIRO XOVES 20 DE FEBREIRO CELÉBRASE A ASEMBLEA XERAL PARA CONSTITUIR UNHA NOVA DIRECTIVA .

Na última xuntanza do equipo directivo, xa en funcións dende o pasado 16 de xaneiro, os integrantes pediron a Enrique Lago Granada que se mantivera a fronte da nova directiva e conformará unha candidatura para presentar o vindeiro día 20 na Asemblea Xeral, poñéndose a súa disposición para o desempeños dos cargos e funcións que considere oportunas. Ao longo deste últimos catro anos algún compañeiros foron quedando a tras pero Enrique conta con importantes colaboradores e colaboradoras que se teñen convertido en imprescindibles no equipo de xestión.

Rosa Amoedo, que desenvolve profesionalmente un posto de asesora financeira en Mediolanum, seguirá a fronte da Tesourería da entidade. Rosa destaca as dificultades do inicio no que se partía de resultados negativos que foron reequilibrándose ano a ano ata atacar un equilibrio económico que se mantén estable. O reto dos vindeiros anos e traballar por mellorar as condicións financeiras para poder asumir con solvencia a xestión de novos proxectos e subvencións nas que xa estamos a traballar e que consideramos contribuirán moi positivamente ao desenvolvemento socioeconómico do municipio.

Pero as baixas tamén son destacadas pola súa valía, é o caso de Sandra Bastos que viña desempeñando o posto de Secretaria. A súa vacante e algún outros movementos dentro do equipo obrigaron a Enrique Lago a propor novos integrantes que presentará na Asemblea Xeral que se celebrará o xoves 20 de febreiro na sede da Asociación de Empresarios de Redondela

Deja un comentario