+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Lito da Panorama e Pili Pampín, padriño e madriña da chocolatada solidaria de Campo Lameiro a prol da loita contra o cancro infantil


No evento, organizado pola ANPA do Colexio Pedro Antonio Cerviño en colaboración co Concello, participarán a Banda de Música de Campo Lameiro, Cantos de Taberna “Sons do Peto”, “Bétula Péndula”, os Djs Jorge Álvarez e Skandal e os bonecos de Disney

Lito Garrido, máis coñecido como “Lito da Panorama” e a presentadora e cantante Pili Pampín actuarán de padriño e madriña, respectivamente da Chocolatada Solidaria que se celebrará este sábado 15 de febreiro a partir das 19:30 horas na Praza do Concello de Campo Lameiro co fin de recadar fondos para impulsar programas pioneiros na detección e loita contra o cancro infantil.

No evento, organizado pola ANPA do Colexio Pedro Antonio Cerviño en colaboración co Concello, participarán a Banda de Música de Campo Lameiro, Cantos de Taberna “Sons do Peto”, Falcatruada, “Bétula Péndula”, os Djs Jorge Álvarez e Skandal e os bonecos de Disney.

Os asistentes poderán degustar unha taza de chocolate con churros ao prezo de 2 euros co fin de recadar fondos para proxectos pioneiros na detección precoz de cancro infantil. Tamén se procederá a sortear dúas cestas con produtos galegos de calidade (unha doada por Panaderías A Devesa e outra polos pubs de Pontevedra Patrimonio, Fetishisa, Aranda e Fetiche). Ademais procederase á subasta dun “chaise longue” doado por A Nosa Tapicería, a través da páxina de Facebook da Asociación de Nais e Pais do Colexio Pedro Antonio Cerviño.

A Chocolatada Solidaria estará amenizada pola presenza de bonecos da factoría Disney e tamén pola actuación de zancudos de Facatruada, así como pola música da Banda de Campo Lameiro, cantos de taberna “Sons do Peto” e o mítico grupo de música dos anos 80 e 90 “Bétula Péndula”. A xornada solidaria pecharase coa música pinchada polos Djs Jorge Álvarez (residente en Patrimonio Copas de Pontevedra) e Skandal, que porá o punto final ao evento solidario.

Deja un comentario