+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

O alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil, destapaba a placa dedicada a veciña da granxa “Dona Filomena”


O Alcalde de Arbo do Concello de Arbo, destapaba o sábado pola tarde, xunto cos veciños e veciñas e familiares de “Dona Filomena” a Placa conmemorativa no Camiño de A Granxa-Arbo “Costa da Filomena”
• 14 veciños da Granxa en Arbo, presentaban o pasado 27 de febreiro de 2019 un documento solicitan por ser moitas as persoas que coñecían e acostuman a denominar a costa pola que ascende cara o camiño que transcorre dende o Lugar de A Granxa ao Lugar de Ferral como a “Costa da Filomena”, polo concello se procedese a colocación dunha placa
• O acto que tivo lugar na tarde de onte, acudiu o alcalde, membros da corporación, descendentes de Dona Filomena e veciños e veciñas de Arbo.
No mes de marzo a proposta da alcaldía, o pleno do concello de Arbo, aprobaba por unanimidade aprobar e recoñer unha costume centenaria como era a denominación da “Costa da Filomena”. Dado que as persoas maiores do lugar ás que se lle consultaban utilizaban dita denominación, o alcalde considerou que a perda desta costume sería deixar escapar parte da historia deste municipio e concretamente, da historio desta familia, polo que o trasladou o pleno para a súa aprobación.

Según manifesta o alcalde do Concello de Arbo, veciño tamén do barrio da Granxa, dona Filomena, tería que haber sido unha persoa singular para que os veciños, decidisen denominar esta costa co seu nome, e entendemos por tanto que toda persoa singular merece un recoñecemento, como xa se fixo anteriormente neste Concello. O rexedor afirma que a historia dos barrios e a historia de todos, e que as tradicións e costumes forman parte da lenda dun lugar.

Deja un comentario