+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

Obradoiro de maquillaxe infantil de entroido na axencia de lectura de Xinzo


A concellería de Cultura ofrece un obradoiro de maquillaxe de entroido totalmente de balde para todas e todos os cativos que queiran achegarse á axencia de lectura municipal de Xinzo o vindeiro mércores 19 de febreiro.
Dende as 16:30 ás 18 horas os e as pequenas desplegarán a súa imaxinación e creatividade para realizar maquillaxes tan fantasiosas como o propio entroido e pasarán a ser portadores desta festa tradicional galega.
A axencia de lectura de Xinzo atópase no propio centro cultural da parroquia.

Deja un comentario