+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Sesión formativa sobre futbol base promovida polo concello e O Porriño industrial


A Concellería de Deportes celebrará mañá martes 18, en horario de tarde, unha Xornada para a Educación e Formación no Futbol Base en colaboración co club local “Porriño Industrial”. Contará con tres relatores con amplos coñecementos. Son Carlos Lago, Pep Marí e Elena Casal.
A sesión comezará ás 16,30 horas no Centro Cultural Municipal, con entrada de balde ata completar aforo.
O orimeiro relator será Carlos Lago, catedrático de Educación Física e Deportiva na Universidade de Vigo, consultor e analista de varios clubs profesionais e colaborador en diversos medios de comunicación. A súa charla titulase como un dos seus libros: “Gañar, gañar e gañar sen deixar de educar”.
A segunda ponencia será de Pep Marí, psicólogo deportivo que traballa no Centro de Alto Rendemento (CAR) de San Cugat. Ademais durante dúas tempadas foi o psicólogo do R.C.D Espanyol de Barcelona. A súa charla chamase “Ser só pais”.
A terceira quenda correrá a cargo de Elena Casal, árbitra de futbol con máis de 15 anos de experiencia. Ten dirixido partidos dende categorías inferiores ata Terceira División Masculina e actualmente na Primeira División Femenina Liga Iberdrola. O seu relato titulase “O futbol base dende a perspectiva da arbitraxe”.
A sesión formativa remata cun coloquio coas preguntas dos asistentes ós tres ponentes.
Todos os asistentes á Xornada deberán acudir cun kilo de alimentos non perecedoiros para “SOS Porriño” como ven sendo habitual nas citas vencelladas co deporte.

Deja un comentario