+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Éxito rotundo de descorche e burbullas “Essspop” Rías Baixas


Degustacións, maridaxe, música, showcooking, catas e formación foron os actos recollidos nos tres días de celebración, que poñen a Cambados no punto neurálxico do viño Rías Baixas.
O domíngo puxose fin, ás VIII xornadas de viños espumosos Rías Baixas, nas que se descorcharon botellas de viño a ritmo de “essspop”, que foron servidas a 2 euros a copa e 12 euros a botella, ás persoas que percorreron este fin de semana as rúas de Cambados, nesta nova edición enoturística, na que non faltou a música, formación e desgustación de produtos do mar elaborados en Cambados.
O inicio da celebración coincidiu co festexo do “San Valentín”, o que supuxo un gran atractivo para todos aqueles namorados que decidiron pasar a degustar entre burbullas e descorche os viños espumosos, entre os máis de 1.000 asistentes que desfrutaron de arredor de 700 racións repartidas entre pinchos, ostras, empanada, camaróns e conservas acompañado todo isto de máis de medio millar de botellas vendidas.
Fátima Abal valora moi positivamente o aumento de asistencia, a esta estas VIII Xornadas “Essspop”, e considera que co paso do tempo estará considerado unha acto tan o multitudinario como a Festa do Albariño.
Foron os hostaleiros os que deron o pistoletazo de saída ás xornadas, cun acto de formación “Como vender a burbulla galega?”, no que Fátima Abal alcaldesa de Cambados acompañada de Cruz Leiro e Mila Martínez concelleira de Turismo e Enoturismo, inauguraron as xornadas, amenizando o acto o grupo de Jazz “Something Hip Trío”.
Na xornada do sábado Yayo Daporta co seu Showcooking, acompañado coa música de Dani Barreiro and Friends, conseguiron ateigar a zona de degustación, durante a sesión Vermut, na que tamén participaron os adegueiros coa formación, “Presente e futuro dos espumosos galegos”; pondo o punto de ritmo “essspop” os grupos “Los taninos” e “A Cámara Lenta” á tarde do sábado.
Como remate a tres días de actividades de descorche e degustación, pecháronse estas xornadas coa formación, “ Un percorrido polos espumosos do mundo” Cata Amateur do sumiller Jose Luis Aragunde, na que se esgotaron todas as prazas para poder participar; completando a xornada as actividades dirixidas aos máis pequenos co “Obradoiro infantil con Conservas de Cambados”; foi o concerto de “The Homens” o que puxo o punto e final a esta edición.
A participación das adegas de espumosos das Rías Baixas con Denominación de Orixe como Eidosela, Mar de Frades, Pepa a Loba, As Laxas, Señorio de Rubiós, Terra de Lantaño, Altos de
Comunicación de Cambados
comunicacion.cambados@gmail.com
Torona, Terras de Asorei, Adegas de Chaves, Martín Codax/Danza, Pablo Padín, Tomada de Castro e Gundián, converteron estas Xornadas en un verdadeiro manxar do enoturismo, acompañadas como non podía ser de outra maneira, da oferta culinaria de produtos do mar, que nos ofreceron Conservas Cambados e a Real Conservera Española e a participación de un gran cociñeiro Cambadés Javier Álvarez.
Fátima Abal, alcaldesa e embaixadora do Albariño, foi a encargada de promocionar en Fitur o pasado mes de xaneiro, as “Xornadas dos viños espumos Rías Baixas”, e recordar unha cita a que non se pode faltar como é a festa do Albariño, considerada de interese turístico internacional, como exaltación do enoturismo.

Deja un comentario