+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Xullo de 2020

O alcalde de Arbo e o alcalde das Neves reunianse en Madrid co Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica para tratar sobre a linea de alta tensión que afecta aos dous concellos


Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, mantiveron este luns en Madrid unha xuntanza co Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Ismael Aznar Cano, para tratar o paso da liña de alta tensión por varias zonas habitadas dos dous concellos.

 

Horacio Gil e Xosé Manuel Rodríguez expuxéronlle ao Director Xeral o rexeitamento das dúas corporacións e das veciñas e veciños de Arbo e de As Neves a esta iniciativa e ao recente estudo de tratado alternativo proposto á mesma.

Este tendido, que dacordo coa información de Red Eléctrica Española, circularán máis de 400.000 voltios, pasaría por Fontefría, en A Cañiza, e entraría en Portugal, moi preto de vivendas dos dous concellos, algo que non ten xustificación considerando os prexuízos para as persoas e o territorio.

Á vista destes argumentos, o director xeral adquiriu o compromiso de convocar unha reunión entre os Concellos de Arbo e As Neves,representantes de Red Eléctrica Española e do propio Ministerio deTransición Ecolóxica, pasado un prazo de dous meses, tempo no que estudará as contestacións ás consultas previas que formularon tanto os concellos coma persoas individuais e colectivos de Arbo e As Neves.

A instancia dos dous alcaldes, o director xeral consultará con RedeEléctrica outras opcións a ese tendido tendo en conta a firme oposición das corporacións e os veciños de Arbo e As Neves a calquera das alternativas de trazado propostas ata agora.

Deja un comentario