+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

A Xunta eloxia o traballo dos órganos xudiciais na loita contra a violencia de xénero


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asistiron hoxe á presentación do libro “O enxuízamento de xénero”, do maxistrado José Fernando Lousada

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe o importante traballo que levan a cabo os órganos xudiciais na loita contra a violencia de xénero, e recordou que o proceso xudicial é un aspecto decisivo á hora de garantir a protección e seguridade da muller.

Así o destacou hoxe durante a súa participación na presentación do libro “O enxuízamento de xénero”, escrito polo maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José Fernando Lousada Arochena. Ao acto tamén asistiu o director xeral de Xustiza, Juan José Martín.

López Abella fixo tamén fincapé en que é preciso seguir traballando para integrar a perspectiva de xénero en todos os ámbitos, incluído o xudicial, para erradicar os prexuízos e seguir mellorando a atención que se presta ás mulleres vítimas da violencia de xénero.

Deja un comentario