+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

Unha plataforma de 10 metros permitirá ás persoas con mobilidade reducida gozar do Desfile do entroido


A Concellaría de Festas conta as horas para o inicio do principal Entroido urbano de Galicia que arrancará o venres coa chegada do Rei Urco á cidade. Mentres, segue ultimando a programación para que todos os veciños e veciñas de Pontevedra poidan gozar dos actos durante os vindeiros dez días. Neste marco, a Concellaría de Festas instalará o sábado unha plataforma de 10 metros na fachada da Casa Consistorial destinada ás persoas con mobilidade reducida de tal xeito que poidan gozar do desfile do entroido ao igual que o resto de participantes. Ademais, a Concellaría xa dispón dende primeiros da semana da programación do entroido, que se pode recoller nos puntos habituais: Concello, edificio municipal de Churruchaos e Casa da Luz.

Deja un comentario